The Next Day é o vixésimo cuarto álbum de estudio do músico inglés David Bowie, publicado o día 8 de marzo do 2013 a través do propio selo de Bowie ISO Records, baixo licenza exclusiva para Columbia Records. O disco anunciouse inesperadamente o día do 66 aniversario de Bowie, o 8 de xaneiro do 2013. A páxina do artista foi actualizada co vídeo para o sinxelo principal, "Where Are We Now?", e este inmediatamente foi posto á venda na iTunes Store.
É o primeiro álbum con material novo de Bowie en dez anos, dende o Reality do ano 2003, e sorprendeu aos seareiros e aos medios que crían que estaba retiradomirror.co.uk - David Bowie 65th birthday: Why glam rock legend is content to have retired from the limelight . O disco foi posto en stream a través de iTunes días antes do seu lanzamento oficialFacebook oficial - Listen to The Next Day on iTunes now. O álbum foi recibido pola aclamación da crítica e fíxolle gañar a Bowie o seu primeiro número 1 no Reino Unido dende o Black Tie White Noise de 1993.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums musicais de 2013 Categoría:Álbums de David Bowie Categoría:Álbums producidos por Tony Visconti Categoría:Álbums de Columbia Records