Joel Daniel Freeland, nado o 7 de febreiro de 1987 en Aldershot, Hampshire, é un ex xogador de baloncesto profesional británico.
Traxectoria Tras pasar por dous equipos ingleses, Freeland chegou ó segundo equipo do CB Gran Canaria da Liga EBA. Na tempada 2005-06, Freeland fixo 14.8 puntos, 7.6 rebotes, 0.7 asistencias, 1.0 roubos e 0.8 tapóns por partido.
O 28 de xuño de 2006, foi elixido polos Portland Trail Blazers na 30ª posición do Draft da NBA de 2006. Porén, os Blazers recomendáronlle a súa volta a Europa para mellorar o seu xogo. En agosto de 2006, asinou un contrato por dous anos co Gran Canaria da Liga ACB.Freeman jugará en la ACB con el Gran Canaria Grupo Dunas - Marca.com
En 2009, Freeland fichou polo Unicaja Málaga, asinando un contrato de 5 anos cun valor de 4.5 millóns de euros.
O 13 de xullo de 2012, Freeland asinou un contrato de tres anos cos Portland Trail Blazers. O 14 de decembro de 2012, foi asignado ós Idaho Stampede da NBA D-League, e foi chamado de volta dous días despois.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Euroleague.net Perfil en Draftexpress.com Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Hampshire Categoría:Xogadores de baloncesto de Inglaterra Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores do CB Gran Canaria Categoría:Xogadores do CB Málaga Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores do PBC CSKA Moscova Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos do Reino Unido Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012