José Luis Ferro Iglesias, nado en Cartelle en 1970, é un político galego vinculado ao Partido Popular de Galicia.
Traxectoria Foi sacerdote, monitor de autoescola e traballa na residencia San Carlos de Celanova. Foi concelleiro de Cultura de Celanova. Logo da dimisión de Antonio Mouriño Villar en setembro de 2012, foi elixido alcalde de Celanova.
Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG e revalidou a alcaldía con maioría absoluta. Nas municipais de 2019 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, entrando como novo rexedor Antonio Puga Rodríguez, de Celanova Decide, co apoio do PSdeG e do BNG.
Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi elixido deputado e revalidou o cargo nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024. En xaneiro de 2025, en comisión parlamentaria, dixo que non tiña constancia de que houbese mortes no campo de concentración da illa de San Simón, a pesar da documentación historiográfica.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Celanova Lista de deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Ligazóns externas Entrevista en Faro de Vigo «Celanova necesita un hotel, la ausencia de plazas hoteleras es un lastre». Entrevista en La Voz de Galicia.
Categoría:Alcaldes de Celanova Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Nados en Cartelle
Categoría:Nados en 1970