Alfredo Cid Rumbao, nado en Allariz o 8 de decembro de 1912 e finado en Ourense o 7 de marzo de 2000, foi un mestre, perito mercantil e escritor galego.

Traxectoria En 1949 foi nomeado cronista oficial de Allariz e dende 1979 foi tamén cronista oficial de Ourense. Publicou traballos de investigación e divulgación histórica sobre Ourense en revistas especializadas e en La Región e Faro de Vigo e colaborou no Boletín do Museo Arqueolóxico Provincial e na revista Posío. Arte y Letras.

Obras Reseña histórica del Castillo de Allariz, 1946. La verdadera patria del Padre Feijóo, 1948. Índice turístico de la provincia de Orense, 1961. Allariz, villa y corte románica, 1962. Ourense, plano y callejero, 1969. Guía turística da provincia de Ourense, 1970. Crónica e guía do Mosteiro de Oseira, 1972. Crónica e guía do Mosteiro de Montederramo, 1974. Crónica e guía do Mosteiro de Celanova, 1976. Ourense, ruta e mantel, 1976. Alfonso o Sabio e Ourense, 1980. Historia de Allariz, 1984. Ourense, 1985. Celanova, 1994.

Notas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Allariz Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Cronistas de Ourense Categoría:Cronistas de Allariz