O termo Caravel pode referirse a:

Caravel, normalmente designa a flor da caraveleira (Dianthus caryophyllus), ou a masma planta. Eladio Rodríguez dicía que tamén lle chaman caravel da onza ou caravel rebentón, o que máis se cultiva en Galiza é con pétalos dun vermello vivo, que antigamente se usaron como flores cordiais, sudoríferas e diaforéticas; Caravel, a flor da roseira (nalgunhas zonas de Galiza chámanlle caraveleira á roseira);"Caravel" no Dicionario de Dicionarios da lingua galega. Caravel, flor de calquera planta en xeral, especialmente da pataca. Eligio Rivas Quintas no seu Frampas, contribución al diccionario gallego (1978) dicía que lle chaman caravel á flor de calquera planta en xeral, e con gran frecuencia á da pataca: Xa ten o caravel as patacas; xa están encaravelando; Caravel mariño ("Armeria maritima" (Miller) Willd.), herba de namorar; Caravel prolífero ("Petrorhagia prolifera" (L.) P. W. Ball e Heywood), herba espontánea nas marxes do Ulla e nas ribeiras doutros ríos galegos; Caravel dos campos ou herba caraveleira (Geum urbanum L.), herba espontánea que medra en leiras e montes.

Eladio Rodríguez describía no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo (1959). A entrada caravel:

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza O Caravel, lugar da parroquia de Mato, no concello de Taboada.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Caraveles, lugar da parroquia de Urdilde, no concello de Rois.