é unha cidade da República Popular da China, capital da provincia suroriental de Fujian. Situada na foz do río Min no estreito de Taiwán do Mar do Leste da China é un porto importante dende época antiga. Conta cunha poboación metropolitana de preto de 3 500 000 de habitantes (2010 censo; 7 115 370 na municipalidade de 12.177 km²).

Nunha área poboada dende o neolítico e posteriormente polos pobos Yue (Min Yue), foi fundada no 202 antes da nosa era, na época Han, coma cidade amurallada co nome de Ye e renomeada coma Fuzhou no 725. Aberta ao mercado exterior en 1842 despois da primeira guerra do opio converteuse no principal porto da exportación do té. Trala independencia de Taiwán a cidade declinou ata o seu desenvolvemento industrial despois da conexión ferroviaria co norte do país (1958). Dende 1984 coa súa declaración coma zona económica aberta os investimentos estranxeiros estase a converter nunha moderna metrópole.

Categoría:Cidades da China