A groselleira negra (Ribes nigrum), é un arbusto frondoso do xénero Ribes, non espiñento, de 1,50 m de alto, que bota un olor diferenciado e desagradábel, e cuxo froito, a grosella negra, é unha baga agre mais comestíbel. Non é común o cultivo en Galiza.
Descrición Orixinario de Europa oriental e central, pertence ao mesmo xénero cás demais groselleiras. Ten follas lobuladas, dentadas, cuxo envés é pálido con glándulas secretoras amarelas. As flores da groselleira negra son arrubiadas no interior e verdosas por fóra, formando un cáliz piloso, de maior tamaño cá corola.
O seu froito é a grosella negra, unha baga que nace en acios de grans negros, polposos, con pela lisa e recendentes, envoltos polos cálices das flores de onde saen. O zume de grosella negra é escuro, acidulado e aromático. Moi apreciado en Francia pola súa utilización en repostaría, como bebida alcólica e en perfumaría. 240px|miniatura|Groselleira negra
Produción A maior produción dáse en Polonia. A grosella negra descoñecíase na cultura clásica grecorromana e na Idade Media, e foi introducida en Francia a partir da Idade Moderna. No século XIX, pasou a ser apreciada polas súas propiedades curativas e tamén como aromatizador de viños e destilados. En Galiza aínda é bastante descoñecida, agás na xardinaxe ou na alta cociña.
Utilidades Medicina 240px|right|miniatura|A grosella é unha baga rica en vitamina C.
Cientificamente, demostrouse que o óleo da semente de groselleira negra ten un moderado efecto inmunolóxico atribuíbel á súa capacidade para reducir a produción de prostaglandina E2. Outros estudos atribúenlle á baga da groselleira negra propiedades antioxidantes e antimicrobianas
Ademais, a groselleira negra ten unha gran cantidade de vitamina C, polo que tradicionalmente se usou para previr doenzas como o escorbuto.
Repostaría O seu sabor agre e moi acedo evita que se consuma crúa. Porén, utilízase como ingrediente de tortas, sorbetes, xelatinas e confeituras. En cociña, úsase como fondo de pratos e puré. En Francia faise un licor chamado crème de cassis.
Taxonomía Ribes nigrum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 201. 1753.
Sinonimia
Botrycarpum nigrum (L.) A. Rich. Botrycarpum obtusilobum Opiz Grossularia nigra (L.) Rupr. Ribes cyathiforme Pojark. Ribes nigrum var. europaeum Jancz. Ribes nigrum var. pauciflorum (Turcz. ex Ledeb.) Jancz. Ribes olidum Moench Ribes pauciflorum Turcz. ex Ledeb. Ribesium nigrum (L.) Medik.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Flora of China Editorial Committee. 1988-2013. Fl. China Unpaginated. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Flora of China Editorial Committee. 2001. Fl. China 8: 1–506. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Flora of North America Editorial Committee. 2009. Magnoliophyta: Paeoniaceae to Ericaceae. 8: i–xxiv, 1–585. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
Outros artigos Groselleira Froitos do bosque Baga Ligazóns externas The Blackcurrant Foundation Blackcurrants vs. Zante Currants Ribena: produtor de licor. The Currant Company Flora Europaea: Ribes nigrum
Categoría:Arbustos Categoría:Bagas Categoría:Plantas medicinais Categoría:Ribes Categoría:Plantas descritas en 1753