A ataxia sensorial é unha síndrome neurolóxica e un signo médico.Farreras-Rozman: Medicina Interna, 16ª Edición. Elselvier, 2009. É unha forma de ataxia, isto é, perda da coordinación, que non está causada por un dano no cerebelo, senón por unha perda da percepción sensorial que regula o movemento.Ataxia sensorial Dicionario médico A ataxia sensorial diferénciase da ataxia cerebelosa en que, entanto que o equilibrio é bastante próximo á normalidade cos ollos pechados, cando o paciente abre os ollos a perda de equilibrio é manifesta. En pacientes con ataxia sensorial o signo de Romberg adoita ser positivo.
Causas A ataxia sensorial prodúcese como consecuencia de trastornos que afectan á vía propioceptiva consciente a nivel de: Nervio periférico Raíces posteriores Cordóns posteriores Lemnisco medial no tronco encefálico En raras ocasións, por lesións talámicas ou parietais, pode producirse unha hemiataxia sensitiva contralateral.
Véxase tamén Outros artigos Ataxia Ataxia cerebelosa Ligazóns externas Tipos de ataxias Notas
Categoría:Doenzas