Mama é un filme hispano-canadense coescrito e dirixido por Andres Muschietti que se estreou no 2013. Baséase na curtametraxe arxentina de 2008 Mamá. Está protagonizado por Jessica Chastain e Nikolaj Coster-Waldau e foi producido por Zandy Federico e coescrito por Bárbara Muschietti, con Guillermo del Toro como produtor executivo.

O filme conta a historia de dúas nenas abandonadas nunha cabana dun bosque, coidadas por unha entidade descoñecida que elas chaman "Mama", e que as acompaña cando son atopadas polo seu tío.

Sinopse Hai cinco anos, o mesmo día no que a súa nai foi asasinada, as pequenas Victoria e Lilly desapareceron no bosque. Buscadas incansablemente polo seu tío Lucas (Nikolaj Coster-Waldau) e a súa moza Annabel (Jessica Chastain), son atopadas uns anos máis tarde nun estado salvaxe. Logo dun curto proceso de recuperación comezan unha nova vida na casa do seu tío, pero debido a un desafortunado incidente Annabel vai ter que ocuparse delas ela soa. Debido ó estraño comportamento das nenas axiña comeza a sospeitar que alguén entra na súa casa a coidar das nenas polas noites.

Personaxes Jessica Chastain como Annabel Nikolaj Coster-Waldau como Lucas / Jeffrey Megan Charpentier como Victoria Morgan McGarry como Victoria de pequena Isabelle Nélisse como Lilly Maya Dawe como Lilly de pequena Sierra Dawe como Young Lilly Daniel Kash como Dr. Dreyfuss Javier Botet como Mama Jane Moffat como Jean Podolski David Fox como Burnsie Dominic Cuzzocrea como Ron Julia Chantrey como Nina Diane Gordon como Louise Hannah Cheesman como Mama Elva Mai Hoover como Secretaria do Dr. Dreyfuss Pamela Susan Farrauto como Enfermeira Chrys Hobbs como Enfermeira #2 Laura Guiteras, Melina Matthews e Jane Moffat como Voces de Mama

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dirixidos por Andy Muschietti Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes rodados en Hamilton, Ontario Categoría:Filmes rodados en Terrasa Categoría:Filmes ambientados en Virxinia Categoría:Filmes ambientados en 2008 Categoría:Filmes sobre pantasmas Categoría:Filmes sobre asasinos