Alberto Campillo García, nado en Vigo o 13 de marzo de 1988, é un futbolista galego. Xoga de defensa no Arousa
Traxectoria Comezou a xogar no Colexio Hogar, de Vigo, pero pronto entrou nas categorías inferiores do Celta de Vigo baixo as ordes de Javier Maté. Nestes anos foi internacional coa Selección de fútbol de España sub-16 e sub-17.
Na tempada 2004–05 debutou co Celta de Vigo B en Segunda División B, ante o Real Madrid Castilla con só 16 anos.
Co primeiro equipo acabado de descender a Segunda División na pretempada do curso 2007–08 foi convocado polo adestrador, Hristo Stoichkov, para xogar un amigábel o 12 de agosto de 2007, con 19 anos de idade.
Co Celta de Vigo tería outras dúas oportunidades en amigábeis, primeiro ese mesmo 2007 ante o Porriño Industrial e en 2010 ante o Cultural Areas baixo a dirección de Eusebio Sacristán.
Ese mesmo ano 2010 deixou de pertencer ao Celta de Vigo e fichou polo Rápido de Bouzas. Pouco despois fichou polo CD Ourense.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Rápido de Bouzas Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores do Arosa SC