O guicho ou quisquelo é unha raza de cans de orixe galega. O seu nome vén das súas características orellas guichas. A súa función zootécnica é a de can de caza especializado na caza do coello de monte de Galicia, polo cal tamén recibe o nome popular de "coelleiro". Os bos exemplares en pureza non abundan, sendo moi solicitados e requiridos polos cazadores.

Orixe É unha raza de orixe indoeuropea, posiblemente unha das máis antigas da Península Ibérica, que foi traída probablemente polos pobos precélticos atlánticos e os celtas, xunto co resto das invasións nórdicas e xermánicas (suevos, bretóns, visigodos e normandos). Está emparentado co västgötaspets sueco, así como tamén co corgi galés de Pembroke.

Distribución xeográfica Actualmente, distribúese por tódalas zonas de monte de coello de Galicia, nas provincias de Pontevedra (Silleda, Lalín, Rodeiro, Dozón e Agolada, entre outros), e Ourense (Oímbra, Verín ou A Mezquita), atopándose tamén de xeito esporádico algúns exemplares pola zona centro das provincias de Lugo e da Coruña.

Morfoloxía É un can de tipo lupoide, de perfil recto, de pequeno tamaño, mesomorfo, harmonioso nas súas proporcións, coas orellas guichas, de onde toma o nome (Guicho). As femias son lixeiramente máis miúdas e de proporcións máis lonxilíneas. SexoAlturaPesoTempo de vidaMachos34–42 cm8–12 kg10 a 12 anosFemias30–38 cm6–10 kg12 a 14 anos

Véxase tamén Ligazóns externas Can Guicho ou Quisquelo, Consellería de Medio Rural Club do Can Guicho

Categoría:Razas de cans Categoría:Razas autóctonas de Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes