El Avia foi un periódico editado en Ribadavia entre 1887 e 1888.

Historia e características Subtitulada Semanario de intereses generales, apareceu o 7 de setembro de 1887. Publicábase os domingos. O propietario e administrador era Máximo Rodríguez Martínez. Entre os seus redactores figurou Casto Domínguez Gómez. Cesou non antes de febreiro de 1888.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense Ligazóns externas Prensa local de Ribadavia na Biblioteca do Museo Etnolóxico de Ribadavia. Xornais antigos de Ribadavia. Museo Etnolóxico Rede de bibliotecas públicas de Galicia. Xunta de Galicia.

Categoría:Prensa escrita de Ribadavia Categoría:1887 en Galicia