Unha lingua litúrxica é unha lingua empregada polos crentes dunha relixión no curso das súas cerimonias relixiosas. Considérase que ten un valor relixioso superior á lingua cotiá. Non todas as relixións teñen unha lingua litúrxica.
Úsase sobre todo o termo de «lingua litúrxica» cando a lingua relixiosa é diferente da lingua vernácula. Ás veces, os crentes non comprenden a lingua litúrxica da súa relixión.
Esta pode ter varias orixes, e en particular: unha orixe xeográfica diferente: é a lingua do grupo que desenvolveu inicialmente a relixión en cuestión. unha orixe histórica: é a lingua falada na época na que a relixión en cuestión se desenvolveu inicialmente.
Estas dúas orixes non se exclúen entre si.
Exemplos o armenio clásico da igrexa apostólica armenia o latín da igrexa católica latina; o árabe clásico dos musulmáns, (diferente dos dialectos modernos); o hebreo dos xudeus relixiosos (o hebreo falado en Israel foi recreado a finais do século XIX sobre a base do hebreo litúrxico, pero non se confunde completamente con el); o ge'ez dos cristiáns coptos de Etiopía, pero tamén dos Falashas, xudeus de Etiopía; o grego antigo dos ortodoxos gregos; o mandeo clásico dos mandeos; o eslavo dos ortodoxos rusos; o eslavo eclesiástico das igrexas búlgaras, macedonias, rusas, serbias e outras Igrexas ortodoxas. o sánskrito dos hinduístas o siríaco dos siríacos ortodoxos o copto da igrexa ortodoxa copta o xeorxio antigo da igrexa ortodoxa e apostólica xeorxiana
Véxase tamén Outros artigos Lingua viva Lingua morta
Categoría:Relixión Categoría:Lingüística