Joshua Luis Wiener, nado en Hacienda Heights (California) o 8 de febreiro de 1979, é un actor de voz estadounidense de cinema e televisión, máis coñecido profesionalmente como Josh Keaton. É a voz de Takashi 'Shiro' Shirogane en Voltron: Legendary Defender, de varios personaxes nas series de animación The Spectacular Spider-Man e Marvel's Spider-Man, Jack Darby en Transformers: Prime e o adolescente Hercules en Hercules. Tamén é a voz de Ryu Hayabusa en Ninja Gaiden, e a voz de Revolver Ocelot en Metal Gear Solid 3: Snake Eater.

Traxectoria Keaton naceu en Hacienda Heights, California, dun pai de Brooklyn, Nova York e unha nai de Lima, no Perú. Ten tres irmás: Danielle, Alitzah (Ali Navarro) e Sabrina. Fala de maneira fluída o castelán, que aprendeu cando era neno, e posteriormente o inglés. Cando era neno, tamén aprendeu algo de quechua dos seus avós maternos. O seu pai é xudeu e a súa nai é católica.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado dos Ánxeles Categoría:Nados en 1979 Categoría:Estadounidenses de ascendencia peruana Categoría:Estadounidenses de ascendencia quechua