O Panzerkampfwagen IV (Pz.Kpfw. IV), comunmente coñecido como Panzer IV, foi un carro de combate medio desenvolvido na Alemaña Nazi a finais dos anos 30 e usado extensamente durante a segunda guerra mundial. A súa designación oficial era Sd.Kfz. 161.
Deseñado como carro de apoio á infantaría, o Panzer IV orixinalmente non estaba destinado a enfrontarse a blindados inimigos (función realizada polo máis lixeiro Panzer III). Porén, para enfrontarse ao T-34 soviético o Panzer III quedaba obsoleto, polo que o Panzer IV asumiu o rol de loita contra carros. O Panzer IV foi o carro de combate máis fabricado e máis usado polos alemáns na segunda guerra mundial, e serviu de base a outros moitos vehículos de combate, como o canón de asalto Sturmgeschütz IV, o cazacarros Jagdpanzer IV, a arma antiaérea autopropulsada Wirbelwind e o canón autopropulsado Brummbär.
Robusto e fiable, operou en todos as frontes onde participou Alemaña e foi o único carro nazi fabricado durante toda a guerra, producíndose uns 8.800 exemplares entre 1936 e 1945. As melloras e modificacións no deseño, acotío realizadas en resposta á aparición de novos carros dos Aliados, estenderon a súa vida operativa. Xeralmente estes cambios centráronse no aumento da blindaxe e na mellora das súas armas, aínda que durante os derradeiros meses da guerra, coa urxente necesidade de substituír as unidades perdidas, tomáronse medidas retrógradas para simplificar e acelerar a fabricación.
O Panzer IV foi o carro de combate alemán en servizo máis exportado, vendendo ao redor de 300 exemplares a países aliados como Romanía, Bulgaria, Finlandia e España. Despois da guerra, os franceses e os españois venderon ducias de Panzer IV a Siria, onde combateron na Guerra dos Seis Días en 1967.
Desenvolvemento Orixes O Panzer IV foi unha idea do xeneral e teórico da innovadora guerra blindada alemán Heinz Guderian.Spielberger (1972), p. 69 En teoría pretendíase que fose un carro de combate de apoio para usar contra os canóns anti-carro e as fortificacións inimigasCaballero & Molina (2006), p. 5. O ideal era que os batallóns de carros dunha división panzer tivesen tres compañías medias de Panzer III e unha pesada de Panzer IVPerrett (1999), p. 4. O 11 de xaneiro de 1934 o exército alemán escribiu as especificacións para un "tractor medio", e entregáronlla a distintas empresas de defensa. Para apoiar ao Panzer III, que sería armado cun canón anti-carro de 37 mm, o novo vehículo tería un obús de canón curto de 75 mm como arma principal, e asignóuselle un límite de peso de 24 toneladas. O seu desenvolvemento levouse a cabo baixo o nome de Begleitwagen ("vehículo de acompañamento")Jentz (1997), p. 1, ou BW, para disfrazar o seu propósito real, xa que Alemaña aínda estaba teoricamente obrigada polo Tratado de Versalles. MAN, Krupp e Rheinmetall-Borsig desenvolveron prototipos, sendo seleccionado o de Krupp para un maior desenvolvementoPerrett (1999), p. 5.
O chasis foi orixinalmente deseñado cunha suspensión entrelazada de seis rodas, pero o exército alemán modificouna cun sistema de barra de torsión. Permitindo unha maior deflexión vertical das rodas, pretendíase que este sistema mellorase a súa actuación e a comodidade da tripulación. Porén, debido á urxencia do requirimento para un novo carro de combate, non se adoptou ningunha das propostas, e Krupp equipouno cunha suspensión de balesta sinxela.
O prototipo requiría unha tripulación de cinco homes; o casco contiña o compartimento do motor na parte traseira, co condutor e o operador de radio, que facía o traballo de artilleiro da metralladora do casco, sentados na parte dianteira esquerda e dereita respectivamente. Na torreta, o comandante do carro sentábase baixo o zapón do teito, mentres que o artilleiro estaba situado á esquerda da recámara do canón e o cargador á dereita. A torreta compensouse 66,5 mm á esquerda da liña central do chasis, mentres que o motor moveuse 152,4 mm cara a dereita. Isto permitía que o eixo de torsión despexase a unión da base xiratoria, que proporcionaba enerxía eléctrica para xirar a torreta, ao conectar a caixa de transmisión montada no casco entre o condutor e o operador de radio. Debido á configuración asimétrica, a parte dereita do carro tiña a meirande parte do seu volume de almacenamento, e foi ocupada polos armarios da munición.
Aceptado no servizo como o Versuchskraftfahrzeug 622 (Vs.Kfz. 622)Spielberger (1972), p. 70, a súa produción comezou en 1936 na fábrica de Fried. Krupp Grusonwerk AG factory en Magdeburgde Mazarrasa (1994), p. 46.
Ausf. A a Ausf. F1 miniatura|250px|Panzer IV Ausf. C A primeira versión producida en masa do Panzer IV foi a Ausführung A (abreviada como Ausf. A, e que significa "variante A"), en 1936. Estaba impulsado por un motor Maybach HL 108TR, que producía 183,7 kW, e usaba a transmisión SGR 75 con cinco marchas cara a adiante e unha cara a atrás,Perrett (1999), p. 5; Caballero & Molina (2006), p. 6 acadando unha velocidade máxima en estrada de 31 km/h.Caballero & Molina (2006), p. 6 Como armamento principal, o vehículo montaba o canón Kampfwagenkanone 37 L/24 (KwK 37 L/24) de 75 mm, que era un canón de baixa velocidade deseñado para disparar principalmente proxectís explosivos. Contra obxectivos blindados, disparando un Panzergranate (proxectil perforante) a 430 metros por segundo (1,410 ft/s) o KwK 37 podía penetrar 43 milímetros, cunha inclinacion de 30 graos a alcances por riba dos 700 metros. Unha metralladora de 7,92 mm MG 34 foi montada de xeito coaxial co canón principal na torreta, mentres que unha segunda metralladora do mesmo tipo montouse no frontal do casco. O Ausf. A tiña unha protección de 14,5 mm de bindaxe de aceiro no frontal do chasis, e de 20 mm na torreta. Iso só era quen de parar fragmentos de artillaría, fogo de armas pequenas e proxectís antitanque pequenos.Perrett (1999), p. 6; Caballero & Molina (2006), p. 7
Despois de fabricar 35 carros da versión A, en 1937 a produción moveuse cara ao Ausf. B. Entre as melloras introducidas estaban a substitución do motor orixinal polo máis potente Maybach HL 120TR de 220,65 kW, e o cambio da transmisión pola nova SSG 75, de seis velocidades e unha marcha atrás. A pesar do aumento de peso ata as 16 toneladas, isto mellorou a velocidade do carro ata os 39 km/h. A placa inclinada aumentou de espesura ata os 30 mm, e a metralladora do casco substituíuse por un porto para pistola cuberto. Fabricáronse 42 Panzer IV Ausf. B antes da introdución do Ausf. C en 1938. Nesta versión incrementouse a blindaxe da torreta ata os 30 mm, aumentando o peso do carro ata as 18,14 t. Tras fabricar 40 Ausf. C, comezando polo número de chasis 80341 o motor foi substituído polo mellorado HL 120TRM. O derradeiro dos 140 Ausf. C foi producido en agosto de 1939, e iniciouse a fabricación do Ausf. D; esta variante, da cal se fabricaron 248 vehículos, reintroduciu a metralladora do casco e cambiou o mantelete interno do canón da torreta por un externo. A proteccion mellorouse novamente, desta vez incrementando a blindaxe lateral ata os 20 mm. Cando a invasión alemá de Polonia en setembro de 1939 rematou, decidiuse aumentar a produción do Panzer IV, que foi adoptado para un uso xeral o 27 de setembro como o Sonderkraftfahrzeug 161 (Sd.Kfz. 161).
Como resposta á dificultade de penetrar aos carros de infantaría británicos (Matilda I e Matilda II) durante a batalla de Francia, os alemáns probaron un canón de 50 mm, baseado no canón antitanque 5 cm Pak 38, nun Panzer IV Ausf. D. Porén, coa súa rápida vitoria en Francia, o pedido orixinal de 80 carros de combate foi cancelado antes de que entrasen en produción.
En setembro de 1940 foi introducido o Ausf. E. Este tiña 50 mm de blindaxe na placa frontal, aínda que se lle aplicou unha placa de aceiro de 30 mm no glacis como medida provisional. Finalmente, a cúpula do comandante foi movida cara a adiante na torreta. Modelos mais vellos do Panzer IV foron adaptados con estas características ao volver do servizo. Foron fabricados 280 Ausf. entre decembro de 1939 e abril de 1941Perrett (1999), p. 6.
En abril de 1941 comezou a fabricación do Panzer IV Ausf. F. Tiña unha única placa de 50 mm na torreta e no casco, en lugar dos apliques engadidos ao Ausf. E, e un aumento adicional no lateral ata acadar os 30 mm. O peso do vehículo era agora de 22,3 toneladas, o que requiría unha modificación da anchura das cadeas de 380 ata os 400 mm para reducir a presión no chan. As cadeas máis anchas tamén facilitaron a colocación de cuñas para o xeo, e a roda traseira e o piñón dianteiro modificáronse. A designación Ausf. F foi cambiada pola de Ausf. F1, despois de que aparecese un modelo novo, o Ausf. F2. Un total de 464 Ausf. F (posteriormente F1) foron producidos dende abril de 1941 ata marzo de 1942, dos cales 25 converteríanse cara ao F2 na liña de produción.
Ausf. F2 a Ausf. J O 26 de maio de 1941, apenas unhas semanas antes da operación Barbarossa, durante unha conferencia con Hitler, decidiuse mellorar o armamento principal do Panzer IV. Krupp gañou o contrato para integrar novamente o canón Pak 38 L/60 de 50 mm na torreta. O primeiro prototipo foi entregado o 15 de novembro de 1941. En cuestión de meses, o sobresalto ao atoparse co carro medio T-34 e o pesado KV-1 soviéticos levou á necesidade dun novo canón máis potente. En novembro de 1941 a decisión de equipar o canón de 50 mm non foi adiante, e no seu lugar contratouse a Krupp para modificar xunto con Rheinmetall o seu canón anti-carro de 75 mm, posteriormente coñecido como 7,5 cm Pak 40 L/46. Debido a que a lonxitude de retroceso era demasiado grande para a torreta do carro, o mecanismo de retroceso e a cámara foron acurtados. Isto deu como resultado o KwK 40 L/43 de 75 mm. Ao disparar un proxectil perforante, a velocidade de saída do canón incrementábase de 430 m/s ata 990 m/s. Inicialmente o canón foi montado cunha única cámara, eun freo de boca en forma de bola, que proporcionaba algo menos do 50% da capacidade de freado de retrocesoDoyle & Jentz (2001), p. 7. Ao disparar o Panzergranate 39, o KwK 40 L/43 podía penetrar 77 mm de blindaxe de aceiro a unha distancia de 1.830 mSpielberger (1972), p. 73. miniatura|250px|Panzer IV Ausf. F2 Os carros Ausf. F que recibiron o novo canón KwK 40 L/43 foron chamados Ausf. F2 (coa designación Sd.Kfz. 161/1). O vehículo incrementou o seu peso ata as 23,6 toneladas. 175 Ausf. F2 foron producidos dende marzo ata xullo de 1942. Tres meses despois de iniciarse a súa fabricación, o Panzer IV Ausf. F2 foi renomeado Ausf. GDoyle & Jentz (2001), p. 8.