Juan Alonso Pérez, nado en Setados (As Neves) o 29 de maio de 1904 e finado en Tenorio (Cerdedo Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Foi mestre en Ribela (Cangas, Foz) (1927-1930). En 1930 trasladouse a Arbo onde foi mestre durante a República. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outras dez persoas de Arbo e Lalín, para asasinalo na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade). A muller e as fillas emigraron a Río de Xaneiro. En outubro de 1937 foi separado do servizo e baixa do posto de mestre.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "Juan Alonso Pérez, veciño de Barcela, mestre no Pazo (Arbo), asesinado…" 15/12/2016. "Algúns documentos relacionados co expediente de depuración de Juan Alonso Pérez" 9/11/2016.

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados nas Neves Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1936