Adil Rami, nado o 27 de decembro de 1985 en Bastia, é un futbolista francés. Xoga de defensa central e o seu club actual é o AC Milan. Ademais, é internacional coa selección de Francia.

Traxectoria Club Rami comezou a súa carreira futbolística xogando para o equipo afeccionado Étoile Fréjus Saint-Raphaël, coñecido entón coma ES Fréjus. Pasou tres tempadas xogando na cuarta categoría do fútbol francés, ata que en 2006 asinou co Lille OSC da Ligue 1. Fixo o seu debut coma profesional no Lille en maio de 2007. En xaneiro de 2011, Rami fichou por catro anos polo Valencia CF. Foi inmediatamente cedido ó Lille, formando parte do equipo que gañou a liga e a copa de Francia no ano 2011.

Selección Rami fixo o seu debut coa selección francesa o 11 de agosto de 2010, nun amigable contra Noruega.

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil na web do Valencia CF Perfil na web do Lille OSC Perfil en Transfermarkt

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados no departamento da Alta Córsega Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Lille OSC Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do AC Milan Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial