Santa Cruz del Comercio é unha lodalidade e concello español da provincia de Granada. Está situado na parte centro-norte da comarca de Alhama, a uns 51 km da capital granadina. O concello é un enclave en Alhama de Granada.

O concello santacruceño está formado polos núcleos de Santa Cruz del Comercio e Valenzuela, tamén chamado Seco de Lucena.

Historia A localidade denominouse "Santa Cruz de Alhama" ata 1884, ano no que cambiou o apelido por "del Comercio" en agradecemento ao gremio dos comerciantes de Madrid que financiaron parte da súa reconstrución tralo fatídico terremoto de 1884 que asolou boa parte da provincia de Granada, especialmente na comarca alhameña.

Demografía Segundo o INE, no ano 2024 tiña unha poboación de 515 habitantes.

Política Os resultados en Santa Cruz del Comercio nas últimas eleccións municipais, celebradas en maio de 2011, son:

Eleccións Municipais - Santa Cruz del Comercio (2011) Partido político Votos %Válidos Concelleiros Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 249 62,56% 5 Partido Popular (PP) 144 36,18% 2

Notas

Véxase tamén Outros artigos Terremoto de Granada de 1884. Ligazóns externas

Páxina web do Excmo. Concello de Santa Cruz del Comercio Microweb turística de Santa Cruz del Comercio realizada polo Padroado de Turismo de Granada

Categoría:Concellos da provincia de Granada Categoría:Comarca de Alhama