OV5 2 (Orbiting Vehicle 5 2), tamén denominado ERS 28, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 26 de setembro de 1968 mediante un foguete Titan IIIC desde Cabo Cañaveral.

Características OV5 2 foi un dos membros exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. OV5 2 foi lanzado no mesmo foguete que OV5 4 estivo adicado ó estudo das partículas cargadas (electróns e protóns) no contorno do cinto de Van Allen. Para iso o satélite levaba a bordo tres espectrómetros omnidireccionais, varios tubos Geiger e algúns detectores direccionais. OV5 2 foi inxectado nunha órbita inicial de 35.786 km de apoxeo e 184 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 26,4 graos e un período de 630,8 minutos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Environmental Research Satellites

Categoría:Environmental Research Satellites