Help! é o quinto álbum británico e décimo estadounidense, ademais da banda sonora da película do mesmo nome, da banda inglesa de rock The Beatles, editado o 6 de agosto de 1965 a través do selo Parlophone. Producido por George Martin contén catorce cancións na súa forma orixinal británica, das cales sete aparecen no filme. Eses temas aparecen na primeira cara do vinilo e entre eles están os sinxelos "Help!" e "Ticket to Ride". A segunda cara contén outros sete temas, entre os que está unha das cancións máis versionada da historia, "Yesterday".
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de The Beatles Categoría:Álbums musicais de 1965 Categoría:Álbums producidos por George Martin Categoría:Álbums de Parlophone