Máximo Costas foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria Comezou xogando en equipos menores da cidade de Vigo como o Alfonso XIII ou o Suevia xunto a outros futuros xogadores do Celta como Caride ou Reigosa.
Finalmente destacou militando nas filas do Rápido de Bouzas e pasou a ser reserva no Real Club Fortuna de Vigo disputando tamén algún encontro co Real Vigo Sporting Club, na xira que fixo este equipo polas Illas Canarias.
A partir de 1923 trala fusión do Vigo Sporting e o Fortuna pasou a formar parte do cadro de xogadores do Celta de Vigo, co que disputou gran cantidade de encontros amigábeis por todo o Estado español e Portugal, porén so dous encontros oficiais. O debut en partido oficial foi o 2 de decembro de 1923 ante o Racing de Ferrol no Campionato de Galicia de fútbol, ao atoparse o equipo titular de xira en Valencia segundo recolle a prensa da época.
Militou no Celta ata 1926 cando decide emigrar á Habana, xa comprometido para xogar no equipo do Centro Galego.
Despois de regresar da emigración aínda lle daría tempo a xogar no Club Ciosvín de Vigo.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Futbolistas de Galicia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Vigo Sporting Club Categoría:Xogadores do Rápido de Bouzas Categoría:Xogadores do Real Club Fortuna de Vigo Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Club Ciosvín Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido