miniatura|dereita|O mesotelio é un epitelio simple escamoso (ou plano). O mesotelio é un tecido biolóxico formado por unha soa capa de células constituída por un epitelio simple escamoso, que forma o recubrimento de varias cavidades corporais:Mutsaers SE. The mesothelial cell. Int J Biochem Cell Biol. 2004 Jan;36(1):9-16. PMID 14592528 a pleura (na cavidade torácica que rodea os pulmóns), o peritoneo (na cavidade abdominal incluíndo o mesenterio) e o pericardio (epitelio que recobre a cavidade pericárdica onde está o corazón). O tecido mesotelial tamén recobre os órganos reprodutores masculinos e femininos internos, como a túnica vaxinal dos testículos e a túnica serosa do útero. Denomínase mesotelio visceral ao que recobre os órganos internos, mentres que o que recobre as paredes do corpo se denomina mesotelio parietal.
Orixe embrionaria O mesotelio deriva do mesoderma embrionario que recobre o celoma do embrión. Desenvólvese en capas de células que cobren e protexen moitos órganos internos do corpo.
miniatura|250px|dereita|Unha capa de células mesoteliais que crecen en cultivo celular, co seu típico aspecto de pavimento embaldosado.
Estrutura O mesotelio é un tipo de epitelio simple escamoso que descansa nunha membrana basal sostida por tecido conectivo. O tecido pode ser de tipo cuboidal en zonas lesionadas, en zonas con tecido linfoide do omento, e na cara peritoneal do diafragma superpoñéndose ás lagoas linfáticas. A superficie luminal está cuberta con microvilli. As proteínas e o fluído seroso atrapado polos microvilli proporcionan unha superficie de baixa fricción na zona de contacto entre órganos.
Funcións O mesotelio está composto por unha extensa monocapa de células especializadas (células mesoteliais) que cobren as cavidades serosas e os órganos internos. O principal propósito destas células é producir un fluído lubricante que se libera entre as capas, orixinando unha superficie escorregante e non adhesiva que facilita o movemento intracelómico.
O mesotelio tamén está implicado no transporte e movemento de fluídos e materia particulada entre as cavidades serosas, migración de leucocitos en resposta a mediadores inflamatorios, síntese de citoquinas proinflamatorias, factores de crecemento e proteínas da matriz extracelular para axudar na reparación da serosa e a liberación de factores que promoven a disposición e eliminación da fibrina (como o plasminóxeno). As células mesoteliais teñen tamén funcións inmunitarias, xa que poden realizar a presentación de antíxenos, e, ademais, a secreción de glicosaminoglicanos e lubricantes pode protexer ao organismo contra as infeccións e a diseminación de tumores.Yung S, Chan TM. Mesothelial cells. Perit Dial Int. 2007 Jun;27 Suppl 2:S110-5. PMID 17556288
Patoloxías que afectan ao mesotelio Mesotelioma: É o cancro de mesotelio. É unha enfermidade na que as células do mesotelio se transforman en anormais e se dividen sen orde nin control. Poden invadir e danar os tecidos e órganos veciños ou crear metástases noutras partes do corpo. A maior parte dos casos de mesotelioma benigno proceden da pleura ou o peritoneo. Máis dun 90% dos casos de mesotelioma están ligados á exposición ao asbesto (amianto). Adherencias intraabdominais: Normalmente, o mesotelio segrega plasminóxeno, o cal elimina os depósitos de fibrina. Durante os procedementos cirúrxicos, o mesotelio pode lesionarse, e a súa capacidade fibrinolítica faise insuficiente, de modo que a fibrina se acumula producindo adherencias fibrosas entre superficies opostas. Estas adherencias provocan obstrución intestinal e infertilidade feminina cando se dan no abdome e poden alterar a función pulmonar e cardíaca. Fallo de ultrafiltración: O mesotelio peritoneal está implicado no fallo de ultrafiltración a longo prazo en pacientes sometidos a diálise peritoneal. A presenza de niveis de glicosa superiores aos fisiolóxicos, a acidez e a degradación dos produtos da glicosa nos fluídos da diálise peritoneal contribúen á fibrose do mesotelio peritoneal, xa sexa por transición epitelio-mesénquima (perda da adhesión e aumento da mobilidade celular) ou por un aumento da proliferación dos fibroblastos existentes. Un peritoneo fibrosado produce un aumento do paso de solutos a través do peritoneo e un fallo da súa capacidade de ultrafiltración.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Endotelio Epitelio Mesénquima
Ligazóns externas Mesothelioma: Questions and Answers National Cancer Institute (NCI). Universidade de Kansas epithel-epith01"Mesothelium" Universidade de Boston 00102loa - "Tissues, Layers, and Organs: transverse section of rat gut" Mutsaers SE. "Mesothelial cells: Their structure, function, and role in serosal repair." Respirology 2002; 7:171-191
Categoría:Histoloxía