El Bólido foi un semanario editado en Moraña entre 1916 e 1923.

Historia e características Subtitulado inicialmente Periódico independiente, apareceu o 27 de agosto de 1916. De tendencia agrario-rexionalista, o seu director era Antonio Bello Varela. Entre os seus colaboradores estaban José Vázquez Grela, Luciano Folgar, José Bugallo Fernández, Constante Diz Monteagudo e José Portas. En 1917 cambiou o subtítulo por Periódico Agrario. En 1917 mantivo polémicas con Acción Agraria. O 14 de abril de 1918 pasou a subtitularse ‘Órgano de las Sociedades Agrarias de Moraña e Cuntis, para pasar despois a Semanario Agrario Regionalista. Órgano de las Sociedades Agrarias de Moraña, Cuntis, Barro y Valga, converténdose no voceiro do agrarismo dos concellos de Moraña, Cuntis, Barro e Valga, ao non sentirse os labregos destes distritos apoiados pola federación agraria de Caldas á que pertencían. O paso de José Vázquez Grela ao bando caciquil e a alianza de varias sociedades agrarias co deputado Bernardo Mateo Sagasta fixo que o periódico entrara en crise e deixou de publicarse durante un tempo.

Tivo unha segunda época entre 1921 e 1923 co subtítulo Órgano de la Sociedad Agraria de Moraña con Constante Diz como administrador, Luciano Folgar, xefe de redacción, e Manuel Pereira García, José Bugallo e Salvador Novo Caldas como redactores.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Salgado, Fernando (14/12/2016). "El Bólido, o xornal de Moraña e Cuntis" Diario de Pontevedra. Exemplares en Scribd. ACVagalumes.

Categoría:Prensa escrita da provincia de Pontevedra Categoría:Moraña Categoría:Cuntis Categoría:1916 en Galicia Categoría:Prensa agraria