A Sociedad de Agricultores de Gresande foi unha sociedade agraria fundada en Gresande (Lalín) en 1906.
Historia e características Fundada por Ramón González Vigide, estendeu moi pronto a súa implantación ás parroquias limítrofes: Cristimil, Barcia, Anseán, Vilatuxe, Lebozán e Zobra. Organizou o primeiro mitin antiforal da comarca de Deza en 1909. Tamén construíron e melloraron as escolas e dedicáronse á divulgación técnica. Creou un comité para organizar Sociedades agrarias nos concellos de Deza que aínda non contaban con elas.
Véxase tamén Ligazóns externas Igrexas, Manuel: "O centenario da Sociedade de Agricultores de Gresande" (22/8/2012)
Categoría:Agrarismo Categoría:Lalín