O termo Cana pode referirse a:

Cana, cana común (Arundo donax), especie de planta herbácea común en Galiza; Cana, en botánica, denominación común de diversas plantas, canaveira, canavela, canivela; Cana de azucre, planta herbácea tropical da familia das gramíneas (Saccharum officinarum), cultivada para a obtención do azucre; Cana, talo de moitas gramíneas, cilíndrico, oco e con nós, canaveira, canavela, canivela; Cana, póla magra dunha árbore; Cana, instrumento para pescar, feito orixinariamente co talo dunha cana (cana de pescar); Cana, parte da bota, media ou calcetín que cobre o tornecelo ou parte da perna; Cana, vara dos foguetes, canaveira, canavela, canivela; Cana, ferramenta do oleiro para modelar e alisar, de distinta forma e tamaño segundo a peza que se estea a traballar, canaveira; Cana, calquera obxecto, oco e cilíndrico, de forma semellante ao talo das gramíneas, cano, canaveira, canavela, canivela; Cana, parte interior e mol dos ósos ou dunha árbore, Cana dos ósos, medula; Cana, pelo que tornou branco; Cana, fuste da columna; Cana da áncora, parte da áncora comprendida entre a cruz e o arganeo; Cana do remo, parte do remo delgada, longa e arredondada; Cana do temón, panca de madeira ou de ferro con que se fai xirar o temón; Cana, doce de forma cilíndrica e alongada; Cana, nome que se lle dá á cachaça, aguardente producida a partir da destilación do zume da cana de azucre.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza Pai da Cana, lugar da parroquia de Conxo no concello de Santiago de Compostela; O Souto da Cana, lugar da parroquia de Meá no concello de Mugardos; Canadelo, lugar da parroquia de Chenlo, no concello do Porriño; Canai, lugar da parroquia de Perdecanai, no concello de Barro; Os Canavás, lugar da parroquia de Senra, no concello de Ortigueira; Canavelas, lugar da parroquia de Castromao, no concello de Celanova; O Canavello, lugar da parroquia de Illán, no concello de Begonte; Canavoso, lugar da parroquia de Cuíña, no concello de Oza Cesuras.

Véxase tamén Outros artigos

Caná, vila de Galilea onde Xesús Cristo realizou o seu primeiro milagre.