A Asociación Española de Normalización y Certificación (AENOR) é unha organización privada, independente e sen fins de lucro dedicada á normalización e certificación da calidade no Estado español.

Historia

Constituíuse en 1986, coincidindo coa entrada de España na Comunidade Económica Europea. Até entón a normativa de normalización era responsabilidade do Instituto de Racionalización y Normalización (IRANOR), entidade pública creada en 1945 dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas.

Asociación Española de Normalización y Certificación250x250px Oficinas en España 20 Cadro de persoal 581 Normas en catálogo 31.519 Produtos certificados 106.656 Certificados vixentes de sistemas de xestión 18.473 Páxina web http://www.aenor.es <small>Fonte: Datos Principais AENOR esquerda|miniatura|180x180px|Empresa certificada por Aenor.

Historia No primeiro ano creáronse os primeiros 24 comités técnicos de normalización, herdando o traballo de IRANOR, partindo de 7.810 normas, xa existentes. Un ano despois, AENOR asumía a representación do Estado ante os organismos europeos: CEN, CENELEC e ETSI e internacionais ISO e IEC.

Actualmente, son máis de 200 os comités técnicos de normalización nos que participan preto de 6.000 expertos.

En 1989 comezouse a certificación segundo UNE-EN ISO 9001 actualmente hai máis de 26.000 certificados.

En 1992, coa celebración do Cumio da Terra no Río de Xaneiro, iniciáronse as políticas ambientais nas empresas, ISO 14000. Os primeiros certificados de AENOR desta norma son de 1994 e xa se levan emitidos máis de 6.900 certificados.Certificación de Medio Ambiente - AENOR. Consultado o 17 de outubro de 2023.

En 2011, no seu 25 aniversario, AENOR contaba con 200 Comités Técnicos de Normalización, 28.000 normas e máis de 90.000 produtos exhiben a marca N. Nestes anos lévanse emitido máis de 60.000 certificados de sistemas de xestión.

Véxase tamén

Outros artigos

Acreditación Auditoría Auditoría de calidade Auditoría informática Certificación de produto Certificación ecolóxica Certificación enerxética Certificación forestal IEC CENELEC EFQM ETSI ISO (Organización Internacional para a Estandarización) ISO 9001 ISO 14000 ISO 26000 ISO/IEC 17025 Norma reguladora Norma técnica Normalización OEKO-TEX PMBOK Seguridade alimentaria Sistema de xestión ambiental TQM UNE Xestión da calidade

Ligazóns externas Páxina web de AENOR

Categoría:Organizacións non gobernamentais Categoría:Asociacións de España