Alberto Barreiro Docampo, nado en Moaña en 1974, é un filólogo, músico, actor, director e dramaturgo galego, máis coñecido como Warren.
Traxectoria Licenciouse en Filoloxía galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Autor do TAD "Contribución da Mostra de Cangas á normalización do teatro galego" e foi redactor para os Informes de literatura no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Impartiu cursos de música tradicional en colaboración coa Xunta de Galicia nos centros galegos do exterior de Terrassa (Barcelona) (1998), Os Ánxeles (California) (1999) e Centro Galego do Val Miñor de Buenos Aires (Arxentina) (1999).
No curso 2023-24 é profesor de secundaria no IES Afonso X O Sabio de Cambre.
Obra Música Mimá (II traballo discográfico de Fiandola, 2011). A Subela (Colaboración co grupo de música tradicional A Subela da Sociedade Liceo de Noia, 2011). Bricania (2011) Chill out celta (Recompilatorio oon Fiandola, 2011).
Audiovisual Rías Baixas (TVG).
Literatura Polaroid, dramatización da obra homónima de Suso de Toro. Ñaque, ou de piollos e actores, tradución da obra de Sanchís Sinisterra. O circo enmeigado, ou a amazona e os excéntricos, tradución da obra de Rafael Dieste. Café ás cinco. Pocopando.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Catálogo de dramaturgos galegos. 1973-2004 , López, Yolanda; Paredes, Xavier; et ali. CDAEMGA, Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, 2005. A freguesía de Moaña. Apuntamentos históricos e etnográficos , García, Manuel Uxío; Chapela, Luís; Villaverde, Xosé C (Editores), 2013, páx.521.
Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1974 Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Actores de Moaña Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela