A dos hílidos (Hylidae) é unha familia de anfibios anuros, coñecidos como ras arborícolas comúns, moi variábeis morfolóxica e ecoloxicamente.

Algunhas destas ras son verdes, aínda que existe unha gran diversidade na súa pigmentación.

Xeralmente aliméntanse de insectos, pero algunhas cazan pequenos vertebrados; outras, como as do xénero Cyclorana, entérranse na lama e pasan boa parte da súa vida baixo terra.Zweifel (1998), pp. 93–94.

Características O dos hílidos constitúe un grupo de ras moi amplo e de grande éxito, que están presentes en gran parte do mundo tropical e temperado, agás en parte do SE asiático e na maior parte de África.

As tres especies europeas son membros típicos do xénero Hyla que, porén, é un grupo tipicamente americano. Son ras pequenas, repoludas, de pel lisa, con ollos coa pupila horizontal, patas longas e discos adhesivos na punta dos dedos, que se alimentan principalmente de insectos voadores que capturan con gran axilidade.

A reprodución ten lugar na noite, en pozas, lagoas ou en pequenos ríos de curso lento. Os machos desenvolven pequenas calosidades nupciais nos polgares, e abrazan ás femias nun amplexo axilar. Os ovos son depositados en paquetes flotantes, do tamaño dunha noz, que conteñen de 800 a 1 000 ovos. Os cágados, que tenden a seren solitarios, teñen unha profunda aleta caudal que se estende cara a diante até o dorso, e nadan con movementos rápidos similares aos dun peixe.Arnold e Burton (1978), pp. 74-75.Andrada (1980), p. 68.

Clasificación 230px|thumb|Hyla molleri. 230px|thumb|Hyla arborea. 230px|thumb| Hyla japonica. 230px|thumb|Hyla versicolor. 230px|thumb|Phyllomedusa sauvagii. 230px|thumb|Litoria wilcoxi.

A familia dividíase tradicionalmente en tres subfamilias, con 46 xéneros.Frost, Darrel R. (2008): Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 5.2. Electronic Database (accesíbel en Amphibia American Museum of Natural History, New York, USA).

Tres das anteriores subfamilias seguen incluídas en Hylidae, aínda que dúas delas considéranse agora como unha soa porque son monofiléticas.

A subfamilia Hylinae divídese, segundo certos autores, en catro tribos.Faivovich, Julián et. al. (2005): "Systematic review of the frog familiy Hylidae, with special reference to Hylinae: phylogenetic analysis and taxonomic revisio", in Bulletin of the American Museum of Natural History, 294 (1): 1–240. Resume

Familia Hylidae Subfamilia Pelodryadinae Litoria Subfamilia Phyllomedusinae Agalychnis Cruziohyla Hylomantis Pachymedusa Phasmahyla Phrynomedusa Phyllomedusa Subfamilia Hylinae Acris Anotheca Aparasphenodon Aplastodiscus Argenteohyla Bokermannohyla Bromeliohyla Charadrahyla Corythomantis Dendropsophus Diaglena Duellmanohyla Ecnomiohyla Exerodonta Hyla Hyloscirtus Hypsiboas Isthmohyla Itapotihyla Megastomatohyla Myersiohyla Nyctimantis Osteocephalus Osteopilus Phyllodytes Plectrohyla Pseudacris Pseudis Ptychohyla Scarthyla Scinax Smilisca Sphaenorhynchus Tepuihyla Tlalocohyla Trachycephalus Triprion Xenohyla

O estudo xenético separou da familia Hylidae a subfamilia Hemiphractinae:

Familia Hemiphractidae Xénero Cryptobatrachus Xénero Hemiphractus Xénero Stefania

Os xéneros Flectonotus e Gastrotheca considéranse parte da familia Amphignathodontidae.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Andrada, J. (1980): Guía de campo de los anfibios y reptiles de la península Ibérica. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0589-2. Arnold, E. N. & J. A. Burron (1978): Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y Europa. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0488-8. Zweifel, Robert G. (1998): in Cogger, H. G. & R. G. Zweifel (eds.) Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-178560-2.

Outros artigos Anfibios Anuros Ra arborícola Estroza ou rela

Ligazóns externas Clasificación dos Hylidae Consultada o 2/10/2012. Amphibian Species of the World Consultada o 2/10/2012. Familia Hylidae Consultada o 2/10/2012.

Categoría:Anuros