Paulino Rodríguez Marquina, nado en Allariz o 16 de setembro de 1859 e finado en Tucumán o 10 de novembro de 1915, foi un comerciante e escritor galego.

Traxectoria Iniciou estudos universitarios na USC, que non concluíu. En 1880 emigrou a Buenos Aires, e en 1882 radicouse en Tucumán. Publicou artigos na prensa local e fundou e dirixiu El Fígaro. Colaborou tamén en El Gil Blas e na prensa bonaerense. En 1887 foi nomeado xefe da Oficina de Estatística da provincia de Tucumán. Publicou Anuario de Estadística de la Provincia de Tucumán correspondiente al año 1895. Foi tamén autor de La mortalidad infantil en Tucumán (1899), Memoria descriptiva de la provincia de Tucumán (1888), Las Clases Obreras (la mano de obra, costumbres y vicios. Virtudes y medios de mejorar sus condiciones) (1894) e Censo de la Capital de Tucumán, 1913, Población, Habitación, Industria y Comercio (1914).

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Don Paulino Rodríguez Marquina por Sara Peña de Bascary

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Allariz Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Allariz Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1915 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos