Ramón Sanjurjo Neira Pardiñas, Marqués de Casa Pardiñas, nado en Santiago de Compostela en 1864 e finado en Vilagarcía de Arousa o 16 de novembro de 1925, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Ramón Sanjurjo Pardiñas Villardefrancos, primeiro Marqués de Casa Pardiñas. Emparentado coa casa de Brandeso a través da súa nai Sofía Neira Flórez, con importantes propiedades en Melide e noutros lugares. Foi elixido deputado polo distrito de Corcubión nas eleccións de 1901, 1903 e 1905. Dende 1907 até 1919 foi elixido polo distrito de Arzúa. A el atribúeselle a apertura da liña telefónica entre Melide e Arzúa en 1910.
Casou con María Luisa Mayo Araujo, sen sucesiónNecrolóxica en ABC, pasando o título de Marqués de Casa Pardiñas á súa irmá Ramona Sanjurjo Neira Pardiñas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo. Ligazóns externas As orixes do servizo telefónico en Arzúa Xenealoxía Marqueses de Casa Pardiñas
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1925 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Avogados de Santiago de Compostela