Francisco de Federico Riestra, nado en Pontevedra o 12 de xullo de 1846 e finado en Miraflores de la Sierra en agosto de 1932, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Francisco de Federico Martínez e sobriño do marqués de Riestra. Licenciado en Dereito Civil e Canónico. Iniciou a súa carreira política no Partido Liberal sendo elixido deputado polo distrito de Redondela nas eleccións de 1910. Volveu ser elixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1914 e 1916. Renunciou como deputado en 1916 para desempeñar o cargo de gobernador civil de Alacant. En novembro de 1917 foi nomeado gobernador civil de Santander,La Mañana, 27-11-1917, p. 15. e en abril do ano seguinte pasou ao goberno civil de Huelva.Correo de la Mañana, 20-4-1918, p. 1. Volveu ocupar o cargo de gobernador civil de Alacant en decembro de 1918. Finou en Miraflores de la Sierra en agosto de 1932.El Universo, 26-8-1932, p. 13.

Vida persoal

Casou o 19 de abril de 1909 con María Luisa Garralda Calderón, filla dos marqueses de Reinosa e condes de Autol. Enviuvou en decembro de 1919 e volveu casar. Tivo cinco fillos. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Xenealoxía dos Marqueses de Riestra

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Gobernadores civís de Alacant Categoría:Gobernadores civís de Cantabria Categoría:Gobernadores civís de Huelva Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1846

Categoría:Finados en 1932

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes