RIP foi un grupo de punk rock do País Vasco, nacido en Arrasate a comezos dos anos 80.
Historia Provenientes da banda que foi Doble Cero, empezan a reunirse e a crear o concepto de RIP, sendo unha das primeiras bandas de punk que existiron na Península Ibérica, considerándose un dos grupos máis influentes no punk e hardcore de España.
En 1984 sacaron un disco compartido con Eskorbuto, chamado Zona Especial Norte, e non foi até 1987 cando sacaron o seu disco No te muevas. Tamén se identificaban co grupo Zarama.
Pouco despois, sepáranse, mais reuniranse ocasionalmente, como en 1995, data na que dan a luz o disco ao vivo HIESari aurre egiten. Zuzenean, que quere dicir "Facendo fronte á sida. En directo", con case todas as súas cancións e versións doutros grupos ingleses. En 1997 falece Portu; o baixista e voz en "Incorruptible", "Mundo muerto" e "Antimilitar".
Máis tarde participarán no disco tributo a Eskorbuto, Tren con destino al infierno, no ano 2000.
Coa morte do cantante Mahoma en 2003, acaba a historia deste grupo. Algunhas das súas cancións máis populares son "Revolución", "Anti-militar", "Mundo muerto", "Condenado", "Enamorado de la muerte" e "Terrorismo policial".
Foron un dos grupos máis radicais dentro do Rock Radical Vasco.
Integrantes A súa formación foi: Karlos "Mahoma" Agirreurreta ( † falecido): voz (anteriormente Mallabi) "Jul" Bolinaga ( † falecido): guitarra "Portu" Mancebo ( † falecido): baixo "Txerra" Bolinaga: batería
Discografía Álbums Primeira maqueta (1983, 4 temas, incluíndo «Brigada criminal» e «Anti-militar»). 12" EP Zona Especial Norte (Spansuls Records, ZENS 45007, 1984). Disco compartido con Eskorbuto. Reeditado en CD por Discos Suicidas en 1991 e 1996 (con temas extra de Eskorbuto). Casete En directo 83-84 (Destruye C.O.M. 001, 1985). LP No te muevas! (Basati Diskak, 8/87). Reeditado en CD canda o EP Zona Especial Norte en 1996 por Discos Suicidas. CD HIESari aurre egiten!! Zuzenean (...Ta Segi Aurrera!!!/Esan Ozenki, 1995). Disco en directo. CD e DVD Punkaren 25 Urteko Historia Bizia. Historia viva del Punk (Goiena-Hotsak, 2006).
Participacións en recompilatorios «Anti-militar» no LP recompilatorio Welcome to 1984 (Maximum RocknRoll MRR 001, 12/83). Varios temas na casete recopilatoria Spanish HC (BCT Tapes, 1984).
Véxase tamén Ligazóns externas Historia de Rip en La Fonoteca Traxectoria do grupo Historia do grupo Biografía do grupo Artigo sobre Portu
Categoría:Grupos musicais do País Vasco Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 1984 Categoría:Grupos musicais separados en 2003