Miguel Fernández Lema, nado en 1872 e finado en Vigo en decembro de 1946, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria Fillo de Miguel Fernández Dios e de Felisa de Lema Marina (irmá de Ángel de Lema y Marina fundador do Faro de Vigo). Funcionario de Facenda. Foi director de La Concordia e Noticiero de Vigo. Foi fundador e o primeiro presidente da Asociación da Prensa de Vigo (1909), deputado provincial polo distrito Vigo-Tui (1905) e alcalde de Vigo (1909-1910) e como membro do concello de Vigo, presidente, en dúas ocasións, da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. En 1923 foi cofundador de El Pueblo Gallego sendo o seu principal accionista. Co peche de La Concordia en 1924 retirouse da vida pública viguesa. Asinou unha colaboración na revista Martín Codax en xullo de 1941.Martín Codax, 13-7-1941, p. 36. Finou en Vigo en decembro de 1946.El Pueblo Gallego, 13-12-1946, p. 2.
Vida persoal Casou en Vigo con Josefina Vicetto Fábregas (sobriña do escritor Benito Vicetto) en 1905.
Miguel Fernández de Lema é bisavó do poeta e historiador vigués Miguel Ángel Fernández máis coñecido polo pseudónimo de Mikel o Ferdinand.
Notas
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega