Thomas Earl Robinson, nado o 17 de marzo de 1991 en Washington, D.C., é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no BC Khimki da VTB United League.

Instituto Robinson xogou ó baloncesto no Brewster Academy en Wolfeboro, Nova Hampshire. No seu último ano, fixo 16 puntos, 13 rebotes e 5 tapóns por partido. Era considerado coma o segundo mellor xogador do seu equipo, xusto despois de Charlie Henn, quen era ademais o seu mellor amigo.

Traxectoria universitaria Robinson comezou o seu ano coma júnior e a tempada 2011-2012 coma un dos 50 candidatos ó premio John R. Wooden da pretempada.John R. Wooden Award Announces Men's Preseason Top 50 List Xunto ó seu compañeiro de equipo Tyshawn Taylor, esperábase que Robinson se convertera nun dos líderes do equipo de Kansas. O 31 de decembro de 2011, nun partido contra Dakota do Norte, Robinson anotou 30 puntos e capturou 21 rebotes. Foi o primeiro xogador de Kansas en facer 30 puntos e 20 rebotes dende que o fixera Wayne Hightower en 1961 contra Missouri, tras conseguir 36 puntos e 21 rebotes. Ó remate da tempada regular da conferencia Big 12, Robinson foi segundo en dobres-dobres conseguidos, con 22, por detrás de O.D. Anosike do Siena College. Robinson rematou ademais acadando 18 puntos e 11.9 rebotes por partido.

O 4 de marzo de 2012, Robinson foi nomeado Xogador do Ano da Big 12 de 2012, seleccionado polos adestradores. O 5 de marzo de 2012, foi galardoado co premio Associated Press ao Xogador do Ano da Big 12.

O 9 de abril de 2012, Robinson decidiu saltarse o seu último ano universitario, e declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.

Traxectoria profesional O 28 de xuño de 2012, Robinson foi elixido na 5ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Sacramento Kings.

O 20 de febreiro de 2013, Robinson foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Francisco García e Tyler Honeycutt a cambio de Cole Aldrich, Patrick Patterson e Toney Douglas.

O 10 de xullo de 2013, Robinson foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio dos dereitos de Kostas Papanikolaou e Marko Todorović, ademais de dúas futuras de eleccións da segunda rolda do Draft.

O 19 de febreiro de 2015, Robinson foi traspasado xunto a Will Barton, Víctor Claver e unha elección da primeira rolda do Draft de 2016 ós Denver Nuggets, a cambio de Arron Afflalo e Alonzo Gee.Nuggets Acquire Barton, Claver, Robinson and Protected First Round Pick From Portland Tres días máis tarde foi cortado polos Nuggets, sen chegar a xogar ningún partido con eles. O 24 de febreiro de 2015, os Philadelphia 76ers contrataron a Robinson,Sixers Claim Thomas Robinson e fixo o seu debut co equipo ó día seguinte, acadando 7 puntos e 6 rebotes na derrota por 88-104 contra os Milwaukee Bucks.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Biografía nos Kansas Jayhawks

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores do BC Khimki