María Solar Núñez, nada en Santiago de Compostela o 25 de decembro de 1970, é unha xornalista e escritora galega. Presenta e dirixe o programa cultural Zigzag Fin de Semana na Televisión de Galicia e coordina contidos culturais para a Corporación de Servizos Audiovisuais de Galega (CSAG). A súa ampla carreira centrouse principalmente na televisión e a radio, aínda que tamén colaborou en xornais e revistas. Na literatura, é unha das autoras máis vendidas de Galicia. Escribe para público de todas as idades e a súa obra recibiu numerosos premios e foi traducida a varias linguas.

Traxectoria A súa formación abarca as ciencias e as letras. É licenciada en Xornalismo (Universidade SEK de Segovia) e en Bioloxía (Universidade de Santiago de Compostela), diplomada en Maxisterio (USC), ten tamén o título de Especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental (Universidade Politécnica de Madrid).

Durante os seus estudos formouse e traballou como actriz de dobraxe, actividade que volveu exercer anos despois. E tamén na etapa universitaria comezou a traballar en Radio Compostela. Ese foi o seu primeiro contacto co mundo da comunicación que xa nunca abandonou.

Como xornalista o seu traballo céntrase principalmente na radio e televisión autonómicas de Galicia. Na súa traxectoria na TVG presentou todo tipo de programas como o cultural Zigzag diario, Ciencianosa, En pé de festa, Arrampla con todo, A Revista Fin de Semana, etc. Na Radio Galega, entre outros programas foi directora e presentadora durante oito anos da revista As tardes da Galega e do programa de literatura Chamando á Terra. Ten colaborado con frecuencia en prensa e revistas. Na actualidade presenta e dirixe o programa Zigzag Fin de Semana na TVG e coordina os programas de cultura da CSAG.

Como escritora, os seus libros foron publicados en varios idiomas como galego, castelán, catalán, portugués, polaco, filipino, chinés ou italiano. Escribe para todas as idades, publicando novelas para adultos e literatura infantil e xuvenil. En 2019 foille outorgado o Premio de Creación Literaria Ínsua dos Poetas polo conxunto da súa carreira. Coa súa obra para adultos gañou varios premios, entre eles o Xerais de novela en 2022 por A culpa.

En literatura infantil e xuvenil obtivo distintos premios e recoñecementos nacionais e internacionais, entre eles o Premio Lazarillo de Creación Literaria 2014 coa obra escrita orixinalmente en galego O meu pesadelo favorito e entrou dúas veces na lista White Ravens cos libros O meu pesadelo favorito en 2015 e Teño uns pés perfectos en 2016. En febreiro de 2017 publicou a novela Os nenos da varíola, baseada na Expedición Balmis."María Solar publica "Los niños de la viruela", basada en la expedición Balmis"

Obras dereita|miniatura|María Solar na Festa dos Libros de Pontevedra, 2017. Literatura infanto-xuvenil Boa sorte (2008). A Coruña: Baía. Ilustracións de Xosé Tomás. 64 páxs. ISBN 978-84-96893-30-6. O tempo do revés (2008). A Coruña: Baía. Ilustracións de Xosé Tomás. 56 páxs. ISBN 978-84-96893-28-3.

O fillo do Pintamonas (2009). Vigo: Tambre. 124 páxs. Ilustradora Teresa Novoa Martínez. ISBN 9788492404629. Vou ter un irmán!!! (2011). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Xosé Tomás. 28 páxs. ISBN 978-84-9865-371-7. En castelán en 2016 por Algar, ¡Voy a tener un hermano!, en catalán en 2016 por Animallibres, Trindré un germanet! e en valenciano por Bromera en 2016, Tindré un germanet! As meigas de Lupa (2012). Vigo: Xerais. 120 páxs. ISBN 978-84-9914-375-0 (11ª). ePub: ISBN 978-84-9914-545-7. En castelán, Las brujas de la reina Lupa, Anaya, 2016. A verdadeira historia da mosca da tele (2012). Vigo: Galaxia. 108 páxs. ISBN 978-84-9865-458-5. En castelán La verdadera historia de la mosca de la tele, 2015, Anaya. En catalán, La autèntica història de la mosca de la tele, Andana Editorial, 2016. O meu pesadelo favorito (2015). Vigo: Galaxia. 184 páxs. ISBN 978-84-9865-588-9. En castelán como Mi pesadilla favorita, 2015, Siruela. En catalán, El meu malson favorit, Bromera, 2015. Teño uns pés perfectos, editado tamén en castelán como Tengo unos pies perfectos (2015). Pontevedra: Kalandraka. ISBN: 978-8484649748 En catalán en 2017 como Tinc uns peus perfectes. Kalandraka. En portugués en 2018 Tenho uns pés perfeitos, Kalandraka. En filipino no 2019 'Wala kayo sa paá ko!, Adarna. Os nenos da varíola (2017). Vigo: Galaxia. 208 páxs. ISBN 978-84-9151-026-0. 2017 en castelán en Anaya Los niños de la viruela e en catalán en Bromera L´expedició del doctor Balmis. Quokka Moka (2019) Vigo: Xerais. Ilustracións de Víctor Rivas. 152 páxs. ISBN 978-84-9121-483-0. ePub: ISBN 978-84-9121-494-6. En 2019: castelán en Anaya Quokka Moka e en catalán en Animallibres La Quokka Moka Adeline (2024). Vigo: Xerais, Fóra de Xogo. 288 páxs. ISBN 978-84-1110-452-4. ePub: ISBN 978-84-1110-480-7. A última xastra (2026). Vigo: Xerais, Merlín. Ilustracións de Xiana Teimoy. 88 páxs. ISBN 978-84-1110-852-2. ePubl: ISBN 978-84-1110-868-3.

Narrativa As horas roubadas (2016). Vigo: Xerais. 222 páxs. ISBN 978-84-9121-016-0. ePub: ISBN 978-84-9121-041-2. En castelán, Las horas robadas, publicado por Grijalbo (grupo Penguin Random House,) 2016. Traducida ao polaco como Skradzione godziny en 2017 por Kobiece. A culpa (2022). Vigo: Xerais. 336 páxs. ISBN 978-84-1110-177-6. ePub: ISBN 978-84-1110-178-3. Publicada en castelán como La culpa por Contraluz y también en catalán 2023. As malas ideas (2026). Vigo: Xerais. 344 páxs. ISBN 978-84-1110-791-4. epub: ISBN 978-84-1110-792-1. Publicado na mesma data en castelán por Contraluz como Las malas ideas .

Ensaio e divulgación Ecoloxía na aula (1997). Santiago de Compostela: Lea. 72 páxs. ISBN 9788489947092. O libro do noso mar (1999). Santiago de Compostela: Lea. 120 páxs. ISBN 9788489947603. ¿Quieres ser periodista? (2017). Siruela. Con Luis Fraga. (castelán) ISBN: 978-84-17151-33-1

Obras colectivas O libro dos Reis Magos. Xunta de Galicia-Galaxia, 2012. Choven palabras no futuro. Gálix-Xunta de Galicia, 2015. Nuevos cuentos de la esfinge. Siruela, 2015 ISBN 978-84-16465-22-4. Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda. Alvarellos editora, 2017. ISBN 978-84-16460-15-1 Contaxio. UNICEF. Autores: Fran Alonso, Ledicia Costas, María Solar. 2021. Que tempos! Edicións Embora, 2022. ISBN 978-84-17824-46-4 UNICEF: 75 años defendiendo los derechos de la infancia, 2022

Galardóns e nomeamentos Segundo premio de xornalismo científico Galicia Innovación no 2009. Premio Frei Martín Sarmiento na 1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria, no 2013, por Vou ter un irmán!!!. Premio Frei Martín Sarmiento na 3ª categoría: 5º e 6º de Primaria en 2014, por A verdadeira historia da mosca da tele. Premio Lazarillo de Creación Literaria no 2014, por O meu pesadelo favorito. Inclusión na lista The White Ravens de Internationale Jugendbibliotheken de Múnic en 2015 de Mi pesadilla favorita, Siruela. Premio Fervenzas literarias ao mellor libro infantil de 2015, por O meu pesadelo favorito. Premio mellor libro de Literatura Infantil e Xuvenil na I Gala do Libro Galego en 2016, por O meu pesadelo favorito. Inclusión na lista The White Ravens de Internationale Jugendbibliotheken de Múnic en 2016 por Teño uns pés perfectos, Kalandraka. Premio Frei Martín Sarmiento ao mellor libro para adultos en 2017, por As horas roubadas. Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura xuvenil de 2017, por Os nenos da varíola. Premio ó mellor libro xuvenil da III Gala do Libro Galego, por Os nenos da varíola. 2018. Finalista a mellor libro xuvenil Premi Protagonista Jove do CLIJCAT por L´expedició del doctor Balmis. 2018. Finalista I Premi Menjallibres de Vila nova i la Geltrú por L´expedició del doctor Balmis. 2018. Premio Ínsua dos poetas de Creación Literaria, 2019. Premio Xerais de novela, 2022, por A culpa.

Premios Mestre Mateo Ano Categoría Título Resultado2012Mellor comunicadoraZigzag diarioNomeada2016Mellor comunicadoraA Revista Fin de SemanaNomeada

Enlaces externos

Sitio web oficial. Páxina biográfica en Cultural.gal Páxina biográfica en Galegos, Galicia Digital.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web persoal

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Actores de dobraxe de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1970 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid