Vicente Riestra Calderón, nado en Pontevedra en 1885 e finado na mesma cidade o 4 de outubro de 1967,Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 5-10-1967, p. 11. foi un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria Fillo de José Riestra López, I marqués de Riestra, deputado e senador, e da súa segunda muller María Calderón Ozores, e irmán do tamén deputado Raimundo Riestra Calderón. Enxeñeiro industrial. Foi elixido deputado do Congreso dos Deputados de España polo distrito da Estrada durante as cinco últimas lexislaturas da Restauración (1916-1923). No franquismo foi Subsecretario de Presidencia do Goberno e conselleiro do Banco de España. Militou na Orde Terceira Franciscana e Acción Católica.
Vida persoal Casou o 29 de setembro de 1910 con Isidora Peinador Estévez, filla de Ramón Peinador Vela, propietario do Balneario de Mondariz,La Correspondencia Gallega, 30-9-1910, p. 3. e foi pai de María del Carmen, Ramón, José María, Isidora, Santiago, Jorge, Beatriz e Milagros Riestra Peinador.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Xenealoxía Marqueses de Riestra
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1967