Xesús Antonio Gulías Lamas, nado en Beariz o 29 de maio de 1948, é un escritor e antropólogo galego.

Traxectoria Naceu no seo dunha familia de labregos e canteiros que o marcaron profundamente cunha pescuda da súa identidade como investigador e terramontés. Estudou no Seminario de Ourense e no Instituto Nacional de Misións Estranxeiras (IEME) en Madrid, onde tamén cursou antropoloxía.

O seu interese pola cantaría e pola arquitectura medieval levouno a recoller de viva voz entre os canteiros, sobre todo de Montes, o material que daría lugar ao Diccionario do Verbo dos canteiros.

O seu compromiso con Beariz e coa Terra de Montes guiárono sempre na investigación da súa historia e na recollida das súas lendas e tradicións.

Foi presidente da Asociación de Amigos da Terra de Montes dende o ano 2003 ata o 2005 e recibiu a medalla de ouro da mesma asociación no ano 2009.

Obra miniatura|225px|Poema de Xesús Antonio Gulías no verbo dos arxinas. Beariz de Montes, aspecto antropolóxico, histórico e cultural dun pobo. O Castelo do Castro do Castro de Montes. Evolución socio-económica das parroquias de Lebozán, Beariz e Xirazga. Polos camiños de Beariz de Montes. Do castro de Magros a San Pedro. Nas ribeiras do Lérez. A parroquia de Beariz no Tumbo Grande de Acibeiro. Xuíces meiriños inéditos da Terra de Montes. Historia para unha romanza de cego. Un nome para a eternidade. Os ronseis da pedra. Un sol de eternidade. Xotitle e o indiano. Polos vieiros da Pedra. O románico e as marcas dos canteiros no cuadrante noroccidental de Galicia. A lenda do Churruchao. Lenda da Serpe da fonte de Ricobanco. O Castelo de Outes e os monumentos medievais do Barbanza. A fortaleza da Barreira. Hórreos de Galicia. Diccionario do Verbo dos canteiros, (Editorial Ir Indo; 2000 e 2009).

Obras colectivas Poesía contemporánea. Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza.

Véxase tamén Ligazóns externas Blog Cruceiros de Galiza Blog Castro de Montes Blog Castelo de Outes

Categoría:Nados en Beariz Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en 1948 Categoría:Antropólogos de Galicia