Haldir (cuxo nome en sindarin quere dicir "heroe oculto")J. R. R. Tolkien, The Lost Road and Other Writings, "The Etymologies", entrada SKAL un personaxe ficticio da novela O Señor dos Aneis de J. R. R. Tolkien; un elfo gris do bosque de Lórien (galadhrim) quen xunto ós seus irmáns Rúmil e Orophim custodiaba a entrada ó bosque.J. R. R. Tolkien, O Señor dos Aneis, Apéndice B, "The Great Years"
Acolleu á Irmandade do Anel despois de que esta abandonase Moria e conduciunos ata Celeborn e Galadriel. O feito de protexer a Aragorn e ós seus compañeiros evitoulles un enfrontamento cos orcos que dominaron Moria trala morte de Balin, e que os perseguiron ata a entrada mesma de Lothlorien. Tamén evitou que Gollum sorprendese a Frodo mentres este durmía no bosque cos elfos. Conduciu á Irmandade a Cerim Amroth,J. R. R. Tolkien, A Irmandade do Anel, "Farewell to Lórien" e na despedida de Galadriel regaloulle a Samsagaz Gamllí unha soga élfica, que o axudaría nas súas aventuras futuras.
Adaptacións Na serie de radio de 1981, o actor Haydn Wood pon a voz de Haldir.
Na triloxía de Peter Jackson, Haldir é interpretado por Craig Parker. Curiosamente, no filme The Lord of the Rings: The Two Towers, Peter Jackson decidiu amosar unha escuadra de elfos galadhrim lideradas por Haldir de Lórien, en axuda ás xentes de Rohan no Abismo de Helmo, para demostrar a preocupación do pobo élfico cos homes. Este exército, así como a conseguinte morte de Haldir, son invencións do cineasta e non existen no libro de Tolkien.
Notas
Categoría:Elfos da Terra Media Categoría:Personaxes d'O Señor dos Aneis