Alī ibn Mūsà ibn Sa'īd al-Magribī (en ), nado en Alcalá la RealBiografía de Ibn Said al-Maghribi, en Poetas Andaluces Biografía de Ibn Said al-Maghribi en 1213 en finado en Tunes ou Alepo en 1275 ou 1286, foi un historiador, xeógrafo e compilador de poesía que viviu en al-Ándalus. Sufriu o exilio andalusí, polo que creceu en Marrakech, aínda que estudou en Sevilla. Ao longo da súa vida residiu ademais en Tunes, Alexandría, O Cairo, Xerusalén e Alepo, entre outras cidades.

É autor de dúas célebres antoloxías biográficas de poetas de al-Ándalus e o Magreb Al-Mugrib fī ḥulā al-Magrib (O extraordinario sobre as xoias de Occidente) e Kitāb rāyāt al-mubarrizīn wa-gāyāt al-mumayyizīn (Libro das bandeiras dos campións). Este libro evidencia o importante que era a poesía amorosa na educación andalusí, e recolle un dos poucos restos históricos de amor entre homes da época. Este tipo de poesía tivo unha grande influencia nas ideas da cabalería da Europa medieval, aínda que a cabalería europea estaba estritamente limitada no amor entre homes e mulleres.

En 1250 publicou Kitāb al-Jugrāfīyā (Libro da Xeografía) no que integra as experiencias das súas viaxes por todo o mundo islámico e as costas do océano Índico. Ibn Sa'īd tamén visitou Armenia e estivo na corte de Hulagu entre 1256 e 1265.

Obras Kitāb rāyāt al-mubarrizīn wa-gāyāt al-mumayyizīn, 'O libro das bandeiras dos campións'. (1242) Al-Mugrib fī ḥulā al-Magrib, 'O extraordinario sobre as xoias de Occidente'. (arredor de 1240) Kitāb al-Jugrāfīyā, 'Libro da Xeografía'. (1250)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Personalidades de Al-Andalus Categoría:Escritores en lingua árabe