Sauber C31</font> 300px Sauber InformaciónPaís Fabricante Sauber Motorsporthttp://www.f1technical.net/f1db/cars/990/sauber-c31 Deseñador James Key (Director técnico)Produción Predecesor Sauber C30Sucesor Sauber C32Longo 5.195 mmLargo 1.800 mmAlto 1.000 mmPeso 640 Kg. mínimo (con auga, lubricante e piloto)Chasis Suspensión Motor Ferrari Tipo 056, V8 (90º) atmosférico central 2398 cm³, limitado a 18000 RPM con KERSPotencia Transmisión Tracción PosteriorFreos Prestacións Pneumáticos Pirelli P Zero (seco), Cinturato (mollado)Lamias OZ (dianteiras e traseiras): 13" Debut Gran Premio de Australia de 2012 Pilotos 14. Kamui Kobayashi15. Sergio Pérez Carreiras 20 Gañadas 0 Poles 0 Voltas rápidas 2 Camp. Cons. 0 Camp. Pilt. 0* Páxina oficial de Sauber
O Sauber C31 é un coche de carreiras de Fórmula Un deseñado por Sauber para participar na tempada de Fórmula Un de . O coche será pilotado por Kamui Kobayashi e Sergio Pérez. O director técnico James Key anunciou que deixaba o equipo tan só catro días antes da presentación do C-31 en Xerez da Fronteira.
A diferenza dos coches anteriores tales como o Sauber C29 e, en menor medida, o C30, o C31 loce moitos máis patrocinadores no automóbil, tales como Telmex, Telcel , Claro, Chelsea FC, Tequila Cuervo, Visitar México, Oerlikon, Nec e Certina. Moitos dos cales son empresas Mexicanas traídas polo piloto titular Sergio Pérez e piloto de reserva Esteban Gutiérrez.
Resumo da tempada
miniatura|left| Pérez durante o Gran Premio do Canadá de 2012. O C31 logrou o seu primeiro podio, con Pérez ao volante, no Gran Premio de Malaisia de 2012.
No Gran Premio de España de 2012, apareceu no coche o logo do Chelsea FC.http://www.f1aldia.com/15067/chelsea-fc-convierte-nuevo-patrocinador-sauber/
O 10 de xuño, Pérez logrou o seu segundo podio da tempada no Gran Premio do Canadá de 2012. Co terceiro posto, mentres que Kobayashi logrou un noveno posto para axudar a Sauber a ascender á sexta posición no Campionato de Construtores.
No Gran Premio de Alemaña de 2012 o C31 logrou a súa mellor cantidade de puntos da tempada, con Kobayashi na quinta posición antes de que unha penalización a Vettel o aupara ao cuarto posto, Pérez quedou sexto, dándolle ao equipo 20 puntos nunha carreira. Esta foi a súa mellor puntuacíon desde o seu regreso á Fórmula Un como un equipo privado.
No Gran Premio de Bélxica Kobayashi saíu segundo e Pérez cuarto (as mellores posicións na grella de saída da historia de Sauber). Ao comezo da carreira, Romain Grosjean provocou un espectacular accidente deixando fóra da carreira a si mesmo, a Pérez, ao líder do campionato, Fernando Alonso e a Lewis Hamilton. O Sauber de Kobayashi tamén resultou danado e terminou a carreira en 13ª posición.
O Gran Premio de Italia resultou ser un gran fin de semana para o equipo Sauber F1 e anotou 20 puntos. Pérez obtivo o segundo lugar (o seu terceiro podio da tempada), e Kobayashi o noveno. Pérez fixo unha gran carreira, adiantando a pilotos como Schumacher, Räikkönen, Rosberg, Massa e Alonso. O equipo Sauber fixo unha grande estratexia co coche de Pérez, comezando cos pneumáticos duros e cambiando a pneumáticos de composto medio na volta 30 de 53 (a estratexia oposta aos que comezaron na parte dianteira da grella). Kobayashi saíu no 8º lugar e terminou en noveno, anotando dous puntos.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Puntos Pos, Sauber F1 Team Ferrari Type 056 AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU USA BRA 126 6º Kamui Kobayashi 6 Ret 10 13 5 Ret 9 Ret 11 4 18† 13 9 13 3 Ret 14 6 14 9 Sergio Pérez 8 2 11 11 Ret 11 3 9 Ret 6 14 Ret 2 10 Ret 11 Ret 15 11 Ret
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Coches de Fórmula 1