Vilarboi é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Segundo o Instituto Nacional de Estatística, en 2024 tiña 40 habitantes (17 homes e 23 mulleres), exactamente os mesmos que tiña en 2010.

Homonimia Existe unha localidade chamada Vilaboi (sen R) na mesma parroquia, pero que non consta no Nomenclátor de Galicia de 2003. Por erro, no Instituto Galego de Estatística aparecen as dúas como Vilarboi. No entanto, no Instituto Nacional de Estatística, onde a práctica totalidade das localidades do concello aparecen aínda coa súa versión castelanizada, Vilaboi aparece como Villaboy e Vilarboi, como Villarboy. De aí que se poidan diferenciar á hora de extraer datos estatísticos.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de San Fiz de Monfero

Parroquias de Monfero

Véxase tamén Outros artigos Vilarbó.

Categoría:Lugares de Monfero