dereita miniatura| 150px | Bernie Ecclestone, conselleiro delegado do FOM e a FOA
O Formula One Group é o grupo de empresas encargadas da promoción do campionato mundial de Fórmula 1 da FIA e a explotación dos dereitos comerciais deste deporte. O grupo é propiedade en última instancia de Delta Topco, unha empresa con sede en Jersey propiedade do fondo común de investimentos CVC Capital Partners (70%) e JPMorgan (aproximadamente o 20%). O trust formado pola familia de Bernie Ecclestone é a propietaria do resto, á parte de pequenas accións en mans dos asesores financeiros e do mesmo Ecclestone.
"Formula One group" refírese estritamente a Formula One Management, Formula One Administration e Formula One Licensing BV,The Official Formula 1 Website que son filiais da sociedade de carteira Formula One Holdings. Con todo, Delta Topco posúe outros negocios na Fórmula Un.
Historia En 1974, a Asociación de Construtores de Fórmula Un, ou FOCA, fundouse co fin de incrementar a organización comercial da Fórmula Un para o beneficio dos equipos de carreiras. En 1978, Bernie Ecclestone, converteuse en executivo da FOCA e loitou contra a Fédération Internationale du Sport Automobile (FISA) para o control dos dereitos comerciais de F1. As disputas resolvíanse en marzo de 1981, cando o Acordo da Concordia deu a FOCA o dereito de negociar os contratos de televisión. En virtude de acordos anteriores, os contratos de televisión non eran moi lucrativos e eran perigosos. Cando o Acordo da Concordia terminou en 1987, Bernie Ecclestone, deixou de ser propietario dun equipo e fundou a Formula One Promotions and Administration (FOPA), para xestionar os dereitos de televisión para os equipos. A FOPA máis tarde sería coñecida como Formula One Management (FOM). A FOPA recibiu o 49% dos ingresos de TV, os equipos o 1%, e o 50% restante foi para a FIA. A FOPA, recibiu todos os honorarios pagados polos promotores. A cambio a FOPA pagou premios aos equipos. Actualmente a FOA se queda un 23% dos beneficios televisivos. O 77% restante repartese un 47% para os equipos participantes, e un 30% para a FIA.
En 1995, a FIA decidiu outorgar os dereitos comerciais da F1 a Formula One Administration (xestionados polo FOM) para un período de 14 anos. A cambio, Ecclestone proporcionaría un pago anual. Co FOM tendo os dereitos exclusivos de equipos tan populares como McLaren, WilliamsF1 e Tyrrell Racing, os equipos antes mencionados protestaron rexeitando o seguinte Acordo da Concordia en 1997. McLaren, WilliamsF1, Scuderia Ferrari e Renault F1, fundaron GPWC Holdings e ameazaron formar unha franquícia de carreiras rival en 2008, cando o seu contrato terminou en 2007.
Ecclestone vende accións da F1 SLEC Holdings, foi creada como unha sociedade holding de empresas da Fórmula Un en 1996, cando Bernie Ecclestone transferiu a súa propiedade das súas empresas de Fórmula Un á súa esposa, Slavica Ecclestone, na preparación dunha emisión do grupo en 1997.
En outubro de 1999 Morgan Grenfell Private Equity (MGPE) adquiriu o 12,5% de SLEC por 234 millóns de £. En febreiro de 2000 Hellman and Friedman comprou unha participación do 37,5% de SLEC por 625 millóns de £ e combinada coa de MGPE formaron Speed Investments, polo tanto tiñan unha participación combinada do 50% de SLEC. O 22 de marzo de 2000 a empresa alemá de medios EM.TV & Merchandising comprou Speed Investments por mil cen millóns de £.
A adquisición causoulle a EM.TV dificultades financeiras, tras o anuncio de que os seus ingresos de 2000 serían inferiores ás expectativas e que estaba loitando coas súas débedas, o prezo da acción caeu o 90%. En febreiro, o Kirch Group acordou rescatar a EM.TV a cambio dunha participación na compañía e o control de Speed Investments. As dúas compañías tamén acordaron exercer a opción de EM.TV para comprar o outro 25% de SLEC por aproximadamente 600 millóns de £ a finais de marzo de 2001. Para aumentar a cota de Speed Investments en SLEC ao 75%. Kirch pediu un prestamo de 1600 millóns de €, 1 mil millóns ó Bayerische Landesbank e o resto a Lehman Brothers e JPMorgan Chase. A participación de Kirch suscitou preocupación entre os principais fabricantes de motores que compiten na Fórmula Un, BMW, DaimlerChrysler, Fiat, Ford e Renault formaron GPWC Holding BV para asegurar unha mellor representación dos fabricantes na F1 , a mellora das condicións financeiras dos equipos, a estabilidade do campionato, e o mantemento de emisión en aberto da cobertura televisiva.
Como consecuencia SLEC foi controlado por Kirch, que polo tanto, controlaba o consello de Formula One Holdings (FOH). Debido ás enormes perdas e os gastos enormes, os acredores de Kirch levaron á empresa á suspensión de pagos en 2002. Os bancos desmantelaron o grupo. A participación de Kirch en SLEC foi retido por Bayerische Landesbank, JPMorgan Chase e Lehman Brothers (a través de Speed Investments).
Antes de que puidesen exercer os seus dereitos como accionista tiñan que solicitar a autorización da Comisión Europea. No período intermedio Ecclestone instituíu cambios nas xuntas directivas de SLEC, FOH, Formula One Administration (FOA) e Formula One Management (FOM), que como resultado, deu o control desas empresas a Bambino Holdings.
A mediados de novembro de 2004, os tres bancos demandaron a Ecclestone para ter un maior control sobre o deporte, o que provocou especulacións de que Ecclestone podería perder todo o control que mantivo durante máis de trinta anos. Unha audiencia de dous días comezou o 23 de novembro, pero despois de que o proceso terminara, o xuíz Andrew Park anunciou a súa intención de reservase o fallo durante varias semanas. O 6 de decembro de 2004, Park leu o seu veredicto, sinalando que "no seu xuízo, está claro que as reclamacións de Speed son correctas e que polo tanto, (Ecclestone) debe atender o que se lle solicita". Con todo, Ecclestone insistiu en que o veredicto - visto case universalmente como un golpe legal ao seu control da Fórmula Un - non significa "nada en absoluto". El manifestou a súa intención de apelar a decisión.
Ao día seguinte, nunha reunión de xefes de equipo no aeroporto de Heathrow de Londres, Ecclestone ofreceu aos equipos un total de 260 millóns de £ en tres anos a cambio da renovación unánime do Acordo da Concordia, que expiraría en 2008. Semanas máis tarde, Gerhard Gibkowsky, membro do Consello de Bayerische Landesbank e o presidente de SLEC, declarou que os bancos non tiñan ningunha intención de quitar Ecclestone da súa posición de control.
Adquisición de CVC En novembro de 2005 CVC Capital Partners anunciou que ía adquirir o 25% e o 48% das accións de Bambino e Bayerische Landesbank en SLEC e adquiriu as accións de JPMorgan Chase en decembro de 2005. Este acordo recibiu a aprobación pola Comisión Europea o 21 de marzo de 2006 e finalizou o 28 de marzo. Ecclestone utilizou os ingresos da venda da participación en Bambino Holdings para investir en Alpha Prema para dar á familia Ecclestone unha participación non especificada en Alpha Prema O 30 de marzo de 2006 CVC comprou a participación dun 14,1% de SLEC en poder de Lehman Brothers para dar Alpha Prema o control total de Formula One Group.
Empresas do grupo
Formula One Group está controlado polos seus accionistas a través do holding Delta Topco, que a través dunha serie de sociedades de carteira rexistradas no Reino Unido, Illa de Jersey e Luxemburgo controla a sociedade SLEC Holdings, propietario directo da Formula One Group. Formúla One Group está composto por varias filiais, que controlan os distintos dereitos, a xestión e as operacións de concesión de licenzas do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Os dereitos comerciais da Fórmula Un son controlados pola Formula One World Championship Ltd. (FOWC), que recibiu os dereitos da Fórmula Un durante un período de 100 anos da FIA. O control dos deritos por Formula One World Championship comezou desde o inicio de 2011, que os recibiu da súa compañía irmá Formula One Administration, que controlou os dereitos por un período de 14 anos desde 1996. FOWC, como titular dos dereitos comerciais, negocia os contratos para a celebración de Grandes Premios, a organización dos contratos coas emisoras de televisión e a recepción de dereitos de licenza para o uso de material da Fórmula Un. A compañía tamén ten un asento no FIA World Motor Sport Council, o órgano responsable da regulación internacional dos deportes de motor. Formula One Licensing BV é unha compañía holandesa relacionada con Formula One Group, que posúe as marcas rexistradas da Fórmula Un, os logotipos da F1, "Fórmula 1", "Fórmula Un", "F1" e o "Sweeping Curves device" que aparece antes dos grandes premios.
Formula One Management (FOM) é a empresa principal do grupo, e controla a difusión, organización e promoción dos dereitos da Fórmula Un. A compañía proporciona o sinal de televisión de todos os Grandes Premios da tempada, que logo se fornece a través de Eurovision e os satélites da rede (UER) ás emisoras que ofrecen comentarios e distribúen o sinal aos organismos de radiodifusión de cada zona. O equipo de produción da FOM ten a súa base no aeroporto de Biggin Hill, Kent, para facilitar a viaxe dos equipos necesarios para transmitir a carreira. Financieiramente, o FOM ofrece investimento parcial para novas pistas e equipos, que lles permita establecerse no deporte e facer crecer a presenza da Fórmula Un nos novos mercados. O calendario do campionato está estruturado polo FOM, coa supervisión do WMSC. Os pagos aos equipos están determinadas polo Acordo da Concordia, que dá aos equipos o 50% do diñeiro da televisión para o campionato de construtores, e outorga un fondo de premios aos equipos baseado nos seus resultados, que se saca dos honorarios que pagan os promotores de cada Gran Premio para a escenificación da carreira. A loxística dos equipos móbiles e persoal de cada carreira é tamén a cargo do FOM, que proporciona aos equipos unha cantidade fixa de transporte para as carreiras fóra de Europa.
Empresas relacionadas
Formula One Group utilízase para referirse a varias empresas relacionadas, que aínda que non forman parte do Grupo están controladas pola compañía holding Delta Topco e teñen negocios relacionados coa Fórmula Un. GP2 Motorsport Ltd foi adquirida por CVC en 2007, coa súa propiedade controlada por sociedades de carteira da Fórmula Un. A GP2 é a principal serie fornecedora da Fórmula Un, e corre carreiras nas roldas europeas do campionato de F1, co fin de dar aos pilotos a experiencia e un escaparate ante os equipos de Fórmula Un. A GP3 series, é o seguinte nivel por baixo da GP2, tamén está controlada por Motorsport GP2. Formula One Group tamén é propietario de Istanbul Park AS, que dirixe o circuíto de carreiras de Istanbul Park, a sede do Gran Premio de Turquía.