Elektra é unha ópera dun acto con música de Richard Strauss e libreto en alemán de Hugo von Hofmannsthal (adaptada dun drama de seu de 1903), froito dunha das primeiras colaboracións entre ambos os dous, colaboración moi frutífera que produciu máis de cinco óperas, consideradas por moitos críticos como as mellores do compositor, e que durou ata a morte de Hofmannsthal en 1929. A abondosa correspondencia entre os dous abre unha xanela para o proceso de creación artística de dúas personalidades que se completaban. Está baseada no mito grego de Electra de Sófocles. Tivo a súa estrea o 25 de xaneiro de 1909 no Königliches Opernhaus de Dresden.
Personaxes PersonaxeTesituraEstrea, 25 de xaneiro de 1909(Director: Ernst von Schuch)Elektra (Electra), filla de AgamenónsopranoAnnie KrullChrysothemis, súa irmásopranoMargarethe SiemsKlytaemnestra (Clitemnestra), súa nai, viúva de Agamenóncontralto ou mezzosopranoErnestine Schumann-HeinkO seu confidentesopranoGertrud SachseO seu paxesopranoElisabeth Boehm von EndertUn mozo serventetenorFritz SootUn vello serventebaixoFranz NebuschkaOrest (Orestes), fillo de AgamenónbarítonoKarl PerronTitor de OrestesbaixoJulius PuttlitzAegisth (Existo), amante de KlytemnästratenorJohannes SembachUnha celadorasopranoRiza EibenschützPrimeira doncelacontraltoFranziska Bender-SchäferSegunda doncelasopranoMagdalene Seebe Terceira doncelamezzosopranoIrma TervaniCuarta doncelasopranoAnna Zoder Quinta doncelasopranoMinnie Nast Homes e mulleres da casa
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Richard Strauss Categoría:Óperas en alemán Categoría:Óperas de 1909