Andrés Montesinos Rodríguez, nado na Mezquita en 1961, é un político galego do PPdeG, alcalde de Viana do Bolo.

Traxectoria Empregado de banca. Concelleiro do PPdeG en Viana do Bolo. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido nas eleccións de 2007 e 2011 con maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2015 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, sendo elixido o nacionalista Secundino Fernández como alcalde co apoio do único concelleiro socialista.

Nas eleccións de 2019 volveu encabezar a candidatura popular e seguiu perdendo apoios, baixando un concelleiro, se ben volveu sela candidatura máis votada. Inicialmente saíu reelixido Secundino Fernández co apoio do PSdeG, pero en setembro de 2020 o PPdeG apoiou unha moción de censura con dous concelleiros tránsfugas socialistas. O concelleiro exsocialista Abelardo Carballo foi o escollido como alcalde, acordando rotarse no cargo con el durante un ano e uns meses, dimitindo Carballo o 30 de decembro de 2021, e asumindo Montesinos de novo a alcaldía en xaneiro de 2022.

Nas municipais de 2023 mellorou resultados, se ben quedouse ás portas da maioría absoluta. Finalmente revalidou a alcaldía como forza máis votada ante a falta de acordo entre BNG e PSdeG. En setembro de 2025 deixou o cargo logo de prosperar unha moción de censura presentada por PSdeG-PSOE e BNG.

Vida persoal É irmán de Francisco Montesinos, exalcalde da Mezquita polo PPdeG.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Viana do Bolo

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Viana do Bolo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1961 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes