Pablo García García, nado en Laro (Silleda) o 26 de xaneiro de 1972, é un sindicalista, labrego e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Con 15 anos afiliouse ao sindicato agrario Unións Agrarias, vencellado ao PSdeG-PSOE. Diplomouse en Maxisterio e en 2001 fíxose cargo da súa dirección de formación, antes de pasar en 2003 a dirixir o sistema organizativo do conxunto do sindicato. Propietario dunha explotación leiteira, en abril de 2009 foi seleccionado por Pachi Vázquez como novo secretario de organización do PSdeG-PSOE, sen ter anteriormente ocupado cargos orgánicos no partido.
Uns meses despois, en setembro de 2009 substituíu a Xavier Carro Garrote como senador designado pola comunidade autónoma. Logo das Xerais de 2011 revalidou o seu posto. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.
Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Senado Ficha no Parlamento de Galicia
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1972 Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes