Jonathan Franzen, nado o 17 de agosto de 1959 en Western Springs (Illinois), é un novelista e ensaísta estadounidense.
Traxectoria Infancia e educación Franzen, de nai estadounidense e pai sueco, naceu en Western Springs (Illinois), criouse en Webster Groves, un suburbio de Sant Louis, no estado de Missouri, e en 1981 graduouse en alemán en Swarthmore College. Ó mesmo tempo que escribía a súa primeira novela, traballou no laboratorio de sismoloxía na Universidade Harvard.
A súa terceira novela The Corrections (2001), unha extenso drama satírico, amplamente aclamado pola crítica fixo que o seu autor gañase o National Book Award e fose finalista no Premio Pulitzer de ficción. A súa novela máis recente Freedom (en galego Liberdade) foi publicado en agosto de 2010.
Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados no condado de Cook, Illinois