Vanessa Veiga Comesaña, nada en Gondomar o 10 de xullo de 1979, é unha atleta galega.

Traxectoria Especializada en cross e no medio fondo, como atleta en categoría júnior xa participara nos Mundiais de cross de 1998 en Marrakech, onde finalizara no posto 35º da categoría júniorResultados , web do Campionato.. Aínda adestrando en Vigo pertencía ao club Valencia Terra i Mar. En 2003 deixou o atletismo para dedicarse á súa familia e ter tres fillos.

En 2010 regresou á práctica atlética, desta vez orientada ao gran fondo e clasificouse de 11ª no campionato de España de cross. En 2011 converteuse na campioa de España de medio-maratón, e logo de maratón ese mesmo ano en Castelló de la Plana e conseguiu a marca mínima para participar nos Xogos de Londres.

O seu primeiro adestrador foi Alfonso Ortega, mentres que o actual é Julio V. Rey del Arco, que ademais é o seu sogro. O seu club en 2011 era o zaragozano Club Atletismo Adidas.

Vida persoal Está casada co tamén fondista español Julio Rey.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Galegos nos Xogos Olímpicos de 2012

Categoría:Atletas de Galicia Categoría:Nados en Gondomar Categoría:Fondistas Categoría:Atletas olímpicos de Galicia Categoría:Nados en 1979 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2012