Carl Christopher Landry, nado o 19 de setembro de 1983 en Milwaukee, Wisconsin, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Traxectoria profesional Landry foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Seattle SuperSonics, e foi traspasado aos Houston Rockets a cambio dunha futura elección de segunda rolda. Na súa tempada coma rookie, apenas xogou ao principio da tempada, pero coa lesión do seu compañeiro Yao Ming converteuse nunha peza importante nos Rockets, que lograron 22 vitorias consecutivas, a segunda mellor marca da historia da NBA. Foi elixido no segundo equipo de Rookies ao remate da tempada.
Tras esa tempada, Landry converteuse en axente libre restrinxido. O 24 de setembro de 2008, aceptou unha oferta dos Charlotte Bobcats, por 9 millóns de dólares durante 3 anos. Ao día seguinte, os Rockets igualaron a oferta.
Na súa terceira tempada en Houston, Landry recibiu moitos minutos, debido á baixa de Yao Ming, que se recuperaba dunha lesión. Xogou 52 partidos, nos cales fixo 16.2 puntos, 5.5 rebotes e 1 tapón por partido.
O 18 de febreiro de 2010, Landry foi traspasado aos Sacramento Kings nun traspaso entre tres equipos que levou a Tracy McGrady aos New York Knicks e a Kevin Martin aos Rockets. Foi titular nos 28 partidos que xogou cos Kings, acadando 18 puntos, 6.5 rebotes, 1 asistencia e 1 roubo de balón por partido.
O 23 de febreiro de 2011, Landry foi traspasado aos New Orleans Hornets a cambio de Marcus Thornton e algo de diñeiro. O 17 de decembro de 2011, Landry asinou un novo contrato cos Hornets por un ano e 9 millóns de dólares.
O 1 de agosto de 2012, Landry fichou polos Golden State Warriors.Warriors sign Landry
O 15 de xullo de 2013, Landry asinou un contrato multianual cos Sacramento Kings.
Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2007–08 Houston 42 16.9 .616 .000 .661 4.9 0.5 0.4 0.2 8.1 2008–09 Houston 69 21.3 .574 .333 .813 5.0 0.6 0.4 0.4 9.2 2009–10 Houston 52 27.2 .547 .000 .839 5.5 0.8 0.5 0.9 16.1 2009–10 Sacramento 28 37.6 .520 .333 .741 6.5 0.9 1.0 0.6 18.0 2010–11 Sacramento 53 26.5 .492 .000 .721 4.8 0.9 0.6 0.4 11.9 2010–11 New Orleans 23 26.2 .527 .000 .795 4.1 0.6 0.4 0.5 11.8 2011–12 New Orleans 41 24.4 .503 .000 .799 5.2 0.9 0.3 0.3 12.5 2012–13 Golden State 81 23.2 .540 .333 .817 6.0 0.8 0.4 0.4 10.8 Total 389 24.5 .536 .176 .784 5.3 0.8 0.5 0.5 11.9
Playoffs Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2008 Houston 6 17.7 .423 .000 .750 4.7 0.0 1.2 0.5 5.7 2009 Houston 13 18.5 .557 .000 .576 3.9 0.2 0.3 0.4 7.5 2011 New Orleans 6 35.5 .456 .000 .917 5.0 1.0 0.7 0.5 15.8 2013 Golden State 12 20.5 .520 .000 .731 5.2 1.4 0.6 0.2 11.8 Total 37 21.8 .504 .000 .745 4.6 0.7 0.6 0.4 9.9
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en Milwaukee, Wisconsin Categoría:Nados en 1983 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers