Ramón Pais Romero, nado en Corcubión en 1906 e finado en Santiago de Compostela o 8 de marzo de 2001, foi un mestre e político galego.
Traxectoria En 1936 foi sancionado polos franquistas por repartir propaganda en favor do SI no Referendo de autonomía de Galicia. Mestre, exerceu en Asturias nos anos corenta, ata que en 1951 obtivo a praza da escola de Orientación Marítima en Corcubión. Máis tarde foi director do Colexio José Carrera da mesma vila.
Foi nomeado alcalde de Corcubión en 1957, tomando posesión o 24 de agosto.La Noche, 31-8-1957, p. 2. Pertenceu ao Partido Gallego Independiente e o 18 de abril de 1978 foi nomeado conselleiro de Educación no primeiro goberno preautonómico presidido por Antonio Rosón. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a lista de UCD en Corcubión, pero perdeu a alcaldía fronte Rafael Mouzo, do PTG. Nun principio foi elixido deputado provincial, pero trala anulación dos resultados por parte da Audiencia Territorial (tras un recurso dos centristas) e a non concorrencia da UCD á repetición electoral dada en outubro, supuxo que se retirase tanto do concello coma da deputación.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Corcubión Ligazóns externas Datos soltos dunha vida profesional por Ramón Pais Romero. Ramón Pais Romero, un alcalde y una catarsis Ramón Pais: un alcalde en el franquismo, autonomista
Categoría:Alcaldes de Corcubión Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en 1906 Categoría:Nados en Corcubión Categoría:Finados en 2001 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes