José Amador Eiras Paz, nado en Moraña en 1938 e finado o 30 de decembro de 2020, foi un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Mestre de profesión. Foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Moraña nas eleccións municipais de 1979 e foi elixido concelleiro, sendo a segunda forza política do concello. . Nas eleccións municipais de 1983 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas ao apoio de AP. En 1987 foi reelixido alcalde ó lograr maioría simple, mentres que en 1991 e 1995 o faría con maioría absoluta. En 1999 foi novamente elixido alcalde, pero nesta ocasión por maioría simple. En 2003 volveu ser elixido alcalde, recuperando a maioría absoluta. No 2007, tras sufrir unha escisión comandada polo seu tenente de alcalde ata outubro de 2005 Celso Diz, volveu ser elixido alcalde por maioría simple. En 2011 retirouse da política activa.

Durante o seu mandato foi moi polémica a construción dun encoro sobre o río Umia que provocou unha crise na agrupación local coa marcha de varios militantes. Foi presidente do grupo de acción local ADR Ulla-Umia (2003) e deputado provincial (2007-2011).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Moraña

Ligazóns externas Reportaxe sobre a construción dunha presa no río Umia, no Consello da Cultura Galega.

Categoría:Alcaldes de Moraña Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Finados en 2020